70 anos de sabor: Pereira publica un receitario creado por Rafa Centeno e Inés Abril
Pereira Productos del Mar celebra os seus 70 anos de historia cunha nova edición do receitario Cociña de Abordo. Nesta ocasión, a publicación rende homenaxe a Vigo, a súa cidade natal, a través de 12 receitas exclusivas creadas polos recoñecidos chefs Rafa Centeo e Inés Abril. Unha viaxe gastronómica pola ría que combina tradición e vangarda.
Pereira Productos del Mar presentou onte a 19 edición do seu calendario-receitario que leva por título De Vigo para el Mundo. Como cada ano, contouse con profesionais da gastronomía para elaborar as doce receitas que acompañan os meses, nesta ocasión Rafa Centeno e Inés Abril, copropietarios do premiado restaurante vigués Maruja Limón foron os encargados de idear o apetitoso almanaque. Ambos son figuras destacadas da alta cociña en Galicia e crearon unha selección de pratos que combinan tradición e innovación, utilizando produtos estrela como o polbo, a pescada, a lura, o rape, o salmonete e as colas de gambón, esenciais na dieta mariñeira da rexión.
Ademais dos cociñeiros, na presentación tamén participaron o cociñeiro Óscar Pérez, encargado dos fogóns no barco pesqueiro Argos Cíes onde se presentou este novo exemplar de Cocina de Abordo e o director de Comunicación de Pereira, Ruy Andrade. En palabras de Andrade: “Este receitario é unha homenaxe á nosa cidade, ao barrio vigués do Berbés no que naceu a empresa, á súa tradición pesqueira, gastronómica e cultural e ás xeracións que fixeron de Vigo un referente internacional no mar e a cociña”.
A publicación está estructurada en tres bloques temáticos que que poñen o foco na nosa cidade como refernete mundial na industria pesqueira e “unha das despensas do mundo”. O primeiro é a “pesca” e nel atopamos receitas como a sopa mariñeira ou a pescada fritida con encurtidos. O segundo cuatrimestre corresponde á “gastronomía”, con preparacións como o peixe sapo con vinagreta de feixóns ou o ceviche de polbo con boniato. Na recta final do 2025 atopamos catro receitas do bloque “cultura”, como a luriña con emulsión de tinta e salsa de pementos. Todas elas son preparacións con pilares na tradición e utoques orixinais propios da alta cociña que practican os seus creadores. Inés Abril asegurou que “todas elas poden facerse fácilmente na casa, con ingredientes do súper e sempre saen ben”.
Como vén sendo habitual o calendario pode conseguirse nas tendas Pereira, como agasallo por facer as nosas compras de Nadal. Tamén pode consultarse online, na web de Pereira.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- 70 anos de sabor: Pereira publica un receitario creado por Rafa Centeno e Inés Abril - 4 Decembro, 2024
- Omichi: o camiño do bo ramen - 28 Novembro, 2024
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024