VIALIA
bannerPicnicSesions

10 plans para estrear o mes de marzo

Comeza o mes de marzo cunha axenda chea de plans. Aquí deixamos unha breve recomendación de dez actividades culturais entre o 3 e o 5 de marzo, pero todos os plans desta fin de semana en Vigo están na axenda de A Movida.

Super Bock Music Unlock – Venres 3 ás 21:30 e ás 23:00h

Continúa o concurso de bandas organizado por Super Bock con catro concertos gratuítos. Ás 21:30h enfrentaranse as bandas de rock Treintañeras Cañeras e Yogures de Coco en La Fábrica de Chocolate. Ás 23:00h, en Mondo Club, haberá outra batalla, esta vez entre Madalena Gamalho e Tarde a todo. Os gañadores destes enfrentamentos terán a oportunidade de actuar no festival portugués Super Bock Super Rock este verán.

Xira ‘Tremendos Anos 20’ Dios Ke Te Crew – Venres 3 ás 23:00h

A emblemática banda de hip hop galego celebra dúas décadas sobre os escenarios coa xira “Tremendos Anos 20”. A xira repasa o máis destacado da súa traxectoria mesturado con temas do seu último disco En que ano estamos!? . O concerto será na sala Master Club e as entradas custan 16 €.

XX Aniversario de C.S. A Revolta – Sábado 4

Tamén o Centro Social A Revolta do Berbés celebra 20 anos de traballo asociativo, galeguista e cultural. A festa de aniversario será no seu local e con entrada libre. Sesión vermú desde ás 12:00h, foliada a partir das 17:00h e concerto de Os rosmóns ás 20:00h. Despois a festa trasládase á Sala Molotov con varios DJ e entrada a 3€. moita música local para dar voz aos 20 anos de loita pola liberdade do país e do povo, xa que a asociación encárganse de manter Vigo en pé de revolta desde o traballo asociativo e cultural.

Rastro solidario coa Protectora Cadeliños – Sábado 4 de 12:30 a 19h

La Contenedora acolle un mercado de música, roupa, artesanía, tatuaxes e fotografía animal. Tamén será punto de recollida de alimentos e outros artículos para animais, xa que o propósito e recadar fondos para a Protectora Cadeliños.  Estará durante todo o día e a entrada é libre.

Feira Entreviños – Sábado 4 e domingo 5

MUTA acolle a terceira edición desta feira dedicada ao vño galego de autor. A propia feira será o domingo. O sábado faranse actividades arredor do viño galego e das adegas que participen: charlas, catas e outros formatos para axudar a convocar a profesionais do sector vitivinícola e o público en xeral durante toda a fin de semana. As entradas conséguense nesta ligazón por 20€.

Obra de teatro El Licenciado Vidriera – Sábado 4 e domingo 5 ás 20:00h

Montaxe  da Compañía Karlik Danza inspirada na obra de Cervantes, que funde o teatro textual e físico co flamenco en directo, símbolo do queixume e o berro da tolemia do protagonista. Podemos desfrutala tanto o sábado como o domingo na Sala Ártika e as entradas poden adquirise anticipadas por 11€.

Actuación de Alberto Cunha en Cañaveral – Sábado 4 ás 21:30h

Cantante, actor, imitador e showman de pura raza. Alberto Cunha é unha das mellores e máis coñecidas voces da música viguesa. Este sábado ofrecerá un concerto gratuíto en Cañaveral onde podemos aproveitar para quedar cear e probar a súa variada carta.

Entroido en Beade – Domingo 5 desde as 17:00h

A comparsa gañadora do concurso de carrozas deste ano, De Beade a Buckingham, pasearase polas rúas da parroquia de Beade este domingo a partir das 17h . A continuación terá lugar unha festa de disfraces con animación para todos os públicos nas instalacións do C.S.C.R. de Beade. Todo de balde.

Erdeiros dos Morenos e foliada – Domingo 5 ás 19:00h

Os erdeiros dos morenos é un grupo de música tradicional cun fermoso repertorio. Despois do concerto, haberá una foliada aberta para todo o mundo. O recital é na Cantina Candela e a entrada é gratuíta.

REVISTA ABRIL

Concerto conxunto da Orquestra Vigo 430 e Sergmey Malov – Domingo 5 ás 19h

O polifacético e virtuoso músico ruso Sergey Malov acompaña ó orquestra viguesa 430 nun concerto este domingo no Aditorio Martín Códax. As entradas custan 13€ e poden adquirise aquí.

A información de todos os eventos pode ampliarse premendo no título. Para máis eventos, visita a páxina de Axenda.