REVISTA ABRIL

TREMENDOS ANOS 20! Dios Ke Te Crew

03mar23:00TREMENDOS ANOS 20! Dios Ke Te CrewCONCERTOS | Desde 16,00€23:00(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

A banda máis emblemática do hip hop galego celebra o seu XX aniversario neste 2023 presentando a xira “Tremendos Anos 20”.

Veñen de presentar o seu último traballo, titulado “En que ano estamos!?”, o pasado verán, no que destacan temazos feitos himno como “OG”, “A Molar” ou “Haters”, con algunhas colaboracións destacadas como os Boyanka Kostova ou High Paw, e continuarán nesta xira especial presentando novas creacións e repasando os éxitos máis destacados da súa traxectoria.

Un espectáculo cheo da enerxía que os caracteriza, cunha potente posta en escena. O grupo quere celebrar por todo o alto o seu aniversario, deixando unha marca de fogo na memoria dos seus espectadores, cunha experiencia inesquecible.

O venres 3 de marzo ás 23:00 horas na Sala Masterclub. Podes adquirir as entradas premendo aquí, desde 16,00€.

Máis

Hora

(Venres) 23:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events