bannerPicnicSesions

Orquestra Vigo 430: Sergey Malov

05mar19:00Orquestra Vigo 430: Sergey MalovCONCERTOS | Desde 12,00€19:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

A Orquestra Vigo 430 ofrece un concerto no Aditorio Martín Códax en colaboración con Sergey Malov.

Sergey Malov, de San Petersburgo, está considerado tan polifacético como virtuoso: toca o violín, viola, violín barroco e violoncelo da spalla. O seu repertorio abarca desde a música barroca antiga ata Johann Sebastian Bach, desde os concertos para violín clásicos e románticos ata as estreas mundiais de música contemporánea. Nas súas interpretacións aborda intensamente cuestións de estilo e as técnicas de interpretación de cada época.

Orquestra Vigo 430 nace no 2005 (por entonces coa denominación de Ensemble Vigo 430) de un xeito completamente independente, aínda que adquire a súa configuración definitiva a partires do 2014 xa baixo o patrocinio do Concello de Vigo. O seu obxectivo principal é dotar á cidade dunha formación orquestral profesional propia, constituída na súa maior parte polos máis brillantes expoñentes das novas xeracións de músicos galegos, así como por destacados músicos freelance do resto de España e do estranxeiro. 

Domingo 5 ás 19h.

Entradas á venta.

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events