REVISTA ABRIL

Super Bock Music Unlock: Madalena Gamalho vs Tarde a todo

03mar23:00Super Bock Music Unlock: Madalena Gamalho vs Tarde a todoCONCERTOS | De balde23:00(GMT+01:00) Mondo Club

Detalles do eventos

Última xornada do concurso de bandas organizado por Super Bock. Os participantes serán Madalena Gamalho e Tarde a todo. Os asistentes poderán votar á banda que o desexen a través das chapas das cervexas que consuman.

Madalena Gamalho é unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantante e compositora con ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo lusófono. Inicia o seu percorrido musical en 2015 en formacións como Nota Bene ou Os Meniños, actuando na Galiza e en Portugal. Vocalista na actualidade tamén da banda jazz folk Laroá e recentemente finalista no concurso Sonidos Mans 2022 co seu proxecto máis persoal, INVENTO.

Tarde a todo é un quinteto de rock vigués formado en 2019.

Máis

Hora

(Venres) 23:00(GMT+01:00)

Localización

Mondo Club

Rúa de Joaquín Loriga, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events