REVISTA MAIO

Este é un evento repetitivo

Entreviños

04mar12:30EntreviñosGASTRO | Desde 22,00€12:30(GMT+01:00) MUTA

Detalles do eventos

O local MUTA acolle a terceira edición de Entreviños. O evento nace coa idea de contribuír a poñer en valor o viño galego, as súas características e singularidades, así como ás pequenas adegas que producen dunha forma sostible e respectuosa, e que comercializan o seu viño buscando a relación persoal e directa co establecemento especializado. Tamén se trata de tomar conciencia da importancia que ten vender e consumir os nosos viños para a economía do sector primario e para asentar o territorio nas zonas rurais.

A propia feira será o domingo. O sábado faranse actividades arredor do viño galego e das adegas que participen: charlas, catas e outros formatos para axudar a convocar a profesionais do sector vitivinícola e o público en xeral durante toda a fin de semana.

PROGRAMACIÓN

Sábado 4

12:30 – 14:00 h  Cata comentada con Luís L. Paadín.

19:00 – 20:30 h Cata e presentación do libro “A nación dos mil viños”. A cargo dos seus autores Martiño Santos e Xosé Gontá, que son os responsábeis da tenda de @videvide_espazoenocultural e que tamén nos van guiar nunha cata por varios viños de entreviños 2023.

21:00 h Presentación desta nova edición con música a cargo do productor @yungdenzo_.

Domingo 5

11:00 – 14:30  || 17:00 – 20:30 Feira Entreviños.

Mercar entradas.

Entrada individual eventbrite: 20 € + gastos xestión (22,41 €)

Entrada individual en porta: 25 €

Entrada 2 días: 35 € + gastos xestión (39,04 €)

Entrada 2 días en porta: 42 €

Máis

Hora

4 marzo, 2023 12:30(GMT+02:00)

Localización

MUTA

MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events