Tres feiras ao aire libre, Dani Rovira e Ángel Stánich esta fin de semana en Vigo
Esta fin de semana despedimos maio e saudamos a xuño con tres feiras ao aire libre, dous monólogos e uns tantos concertos. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
BANDA Á FEIRA – De venres a domingo no Calvario – De balde
Evento dedicado ao mundo do cómic que organiza a Asociación de Veciños do Calvario. Nesta edición poderase gozar de tres días cheos de actividades, charlas, sesións de firmas, encontros e moita paixón pola banda deseñada. Ten lugar en distintos espazos ao aire libre para achegar a cultura ao gran público.
Dentro das xornadas de fotografía Objetivo A Laxe, a retratista Estela de Castro ofrece unha clase gratuíta titulada Sobre el retrato, orientada a persoas de calquera nivel. A fotógrafa e activista madrileña é coñecida polos seus potentes retratos, tanto de persoas como de animais, sendo especialmente famosos os da Casa Real Española.
MONÓLOGO DE DANI ROVIRA – Venres ás 20:00, sábado e domingo ás 18:30 no Teatro García Barbón – Desde 19,00 €
O cómico chega a Vigo con Vale la pena, un espectáculo unipersoal no que conceptos como a tristeza, o dó, a pena, poñeranse encima da mesa para, lonxe de estigmatizarlos, facer o intento de dignificalos e darlles a importancia que teñen nas nosas vidas.
CONCERTO DE ÁNGEL STÁNICH – Venres ás 21:00 no Auditorio Mar de Vigo – Desde 22,00 €
O cantautor español de rock alternativo e voz rasgada tiña previsto actuar na terraza do Auditorio no seo do Festival Terraceo, dado os problemas que atravesa o festival, o concerto trasládase ao hall do Auditorio.
CONCERTO DE NADIE GONZÁLEZ – Venres ás 21:00 na Sala Doppler – Desde 7,00 €
A rapera, nacida en Vigo, presentará o seu primeiro EP en solitario Noctiluca Scintillans en compañía de varios artistas convidados sorpresas.
MONÓLOGO DE DAVID SUÁREZ – Venres ás 21:30 no Palacio de la Oliva – 20,00 €
O humor máis corrosivo do cómico David Suárez chega a Vigo da man do ciclo Monólogos Mahou Sen Filtrar. Recoñecido actor e guionista, David Suárez cultivou éxitos coas súas xiras nacionais e os seus contidos para internet, como a galardoada webserie Vincent Finch: diario de un ego.
FEIRÓNS DE ARTESANÍA SALVAMONTES – Sábado de 11:00 a 20:00 no C.S As Pedriñas (Mos) – De balde
Xornada lúdica e reivindicativa gratuita de música, xantar popular e preto de cincuenta postos de artesanía. Concertos de Catuxa Salom, As darbukas Dkolá, Raposa e Aldaolado. A proposta parte do movemento Saltamontes, quere poñer en valor a importancia dos nosos montes entre a cidadanía.
VERBENA MARKET – Sábado de 12:00 a 20:00 na Praza do Abanico – De balde
Evento que quere revitalizar o barrio con mercado, comida, contacontos de Brais das Hortas e concerto de Ari Magritte e DJ. Trátase dunha edición especial porque a Asociación do Casco Vello Alto celebra o seu décimo aniversario. Nesta reportaxe falamos da revitalización do barrio na última década. Como novidade desta edición, cinco negocios culturais da zona farán portas abertas para convidar á xente a coñecer o seu traballo: Blautropias, Rabuda Cerámica, Magia en la Manga, Las Flores de Greta e Évame Oroza.
ORQUESTRA VIGO 430 CON JONIAN ILIAS KADESHA – Domingo ás 19:00 na Sede do Celta – 15,00 €
Concerto no que se interpretarán pezas de Vivaldi, Mendelssohn, Mozart e Haydn con Jonian Ilias Kadesha como solista e director da Orquestra Vigo 430.
CONCERTO DE THE SON OF WOOD – Domingo ás 20:00 na Sala Rebullón – Desde 5,00 €
The Son of Wood é un grupo afincado en Salamanca, cun estilo caracterizado pola fusión de folk, rock e rap chegan á sala de Mos grazas ao circuito Girando por Salas.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024
- Monkey Park, diversión salvaxe en Portugal - 12 Novembro, 2024
- Tea Talk, un sorbo de Asia no corazón da cidade - 7 Novembro, 2024