VIALIA
bannerPicnicSesions

Sete paseos interpretativos e máis actividades ao aire libre para esta primavera en Vigo

Baixo o lema “Na primavera pasea polos montes de Vigo” o 9 de maio bota a andar unha nova edición do programa municipal Camiño a camiño que quere dar a coñecer o patrimonio natural, aos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos do cinto verde da cidade incluídos nos montes, parques forestais e sendeiros locais. Ademais, tamén se recupera a actividade nas hortas urbanas e o voluntariado medioambiental.

O Concello presenta a programación de educación ambiental para o os meses de maio e xuño 2021 que inclúe sete paseos interpretativos polos sendeiros locais que abranguen os montes dende Candeán ata Saiáns, ao carón do cinto verde que bordea o termo municipal asociado ao sendeiro de gran percorrido GR-53. As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa a través do teléfono de información municipal 010 ou no 986810260 .

Os paseos teñen unha duración aproximada de 3 horas e, partindo dos parques forestais, permitirán circular polos sendeiros locais sinalizados. Con todo, establécense distintos niveis de dificultade para que poida participar todo tipo de público e, particularmente, familias cos seus fillos, como un xeito de iniciación ao sendeirismo e a interpretación da paisaxe. Ao final dos percorridos, haberá actuacións musicais e de baile tradicional a cargo da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Estes son os sete paseos programados dentro de Camiño a Camiño. Pinchando en cada un deles pódese acceder a información do perfil, percorrido e lugares destacados de cada percorrido:

Domingo 9 de maio: Sendeiro local de Candeán, entre as 9:30 e as 13:30 horas do mediodía co punto de encontro no Parque Forestal do Vixiador e coa actuación de Froles Novas e Tarambainas.

Domingo 16 de maio: sendeiro local de Cabral terá o co punto de encontro a entrada do Ifevi e as actuacións de Fiadeiro e Sons das Ferriñas.

Domingo 23 de maio: sendeiro local de Bembrive-Beade, será o domingo 23 de maio, con punto de encontro na A.R. do Pouso, en Bembrive, e as actuacións de Queixumes e Beade Pandereteiras.

Domingo 30 de maio: sendeiro local de Zamáns, será o domingo 30 de maio, co punto de encontro no Parque Forestal de Zamáns e as actuacións de Andarela e Pardavila.

Domingo 5 de xuño: sendeiro local de Valadares, desenvólvese o domingo 5 de xuño, co punto de encontro no Sanatorio do Alba e as actuacións de Corisco e Cabral.

Paseo 6: sendeiro local de Coruxo, ten o punto de encontro en Fragoselo e as actuacións de A Buxaina e Asubío.

Domingo 20 de xuño: sendeiro local de Oia e Saiáns, celébrase o domingo 20 de xuño co punto de encontro no Parque Forestal de Oia e as actuacións de Os Ventos de Comesaña, Monteira e Traspés.

REVISTA ABRIL

O Concello abre tamén á participación veciñal os programas de voluntariado medioambientais coa previsión de que este outono se realicen labores de recuperación do Monte da Guía, acometendo entre outros labores a erradicación de acacia negra e eucalipto en zonas de interese público, a limpeza de espazos protexidos e tarefas de mantemento e limpeza dos sendeiros locais. Estes traballos realízanse os mércores e sábados pola mañá e os martes e xoves pola tarde. Amais, as persoas do voluntariado medioambiental poderán participar no paseo de cans do Refuxio de animais
abandonados de Vigo
, que se realiza os mércores pola mañá.

Outro dos progrmas que se retomará nas próximas semanas son as hortas urbanas. As actividades realízanse en Navia, Pedro Alvarado, Fontáns, Ramón Nieto, Sardomela e Camelias. En total están dispoñibles 13.000 m2 de
superficie para esta actividade. Para poder participar habilitouse un proceso de entrada directa en cada horta. Para tal propósito está previsto que as sesión de entrada teñan lugar na primeira quincena de maio, sendo preciso
inscribirse indicando a horta solicitada a través do formulario dispoñible no blog caminoacaminovigo.blogspot.com.

Alén destas actividades dirixidas, os montes de Vigo ofrecen moitas oportunidades de lecer e deporte, como vos contabamos neste artigo da Resvista A Movida de abril 2021.