Zahara anuncia a data do seu concerto en Vigo en 2021
A xira de Zahara, que non puido celebrarse nas datas previstas como consecuencia da crise sanitaria da Covid-19, anuncia novas datas para 2021. O circuíto Vibra Mahou no que se encadra a actuación mantén as salas e cidades xa anunciadas e chegará o 27 de marzo á Sala Rouge de Vigo para facer gozar ao público vigués do sabor do directo.
A nova data para o concerto de Zahara, na Sala Rouge de Vigo, será o 27 de marzo de 2021, tal e como anuncian desde Vibra Mahou, a plataforma que xestiona a súa xira polas salas españolas. As entradas xa adquiridas para a anterior data serán válidas para o concerto do 2021 e incluirán unha contraprestación extra, aínda por desvelar, para todos aqueles que decidan conservala. Tamén se poderá levar a cabo a devolución das mesmas a través do email que recibirán por parte da ticketera Wegow (ayuda@wegow.com), indicando o número de entradas e información de compra ata o 15 de xullo de 2020.
Zahara, unha das voces femininas máis relevantes do noso país está no seu mellor momento. Publicou recentemente ‘Canciones confinadas’, un total de catro covers, Don´ t blame me (Taylor Swift) xunto a Martí Perarnau, Echo de menos (Kiko Veleno), Ya no quiero na (Lola Indigo) e Al Alba (Luís Eduardo Aute), que gravou en acústico na súa propia casa durante a corentena.