Sala de concertos e discoteca referencia na noite viguesa da zona do Areal.
A Sala Rouge non só é unha discoteca na que bailar e pasalo ben as noites da fin de semana senón que é unha das salas de referencia se o que queres e escoitar música de calidade en directo.
O seu escenario adoita ser un habitual de Escenarios Mahou (Viva Suecia, Sidonie, Fuel Fandango, La habitación Roja)e acolle o Ciclo “Máis que blues” polo cal pasaron artistas de renome como a Nick Moss Band, Little G Weevil, Michael Roach e Terry Harmonica Bean. Los Rebeldes, Banditos, Alfred García, Ana Popovik, Gatillazo ou Miriam Rodríguez foron outros dos artistas que escolleron a Rouge para facer parada na nosa cidade.
Un local para ter en conta sexa cal sexa o teu gusto musical.
Horario:
Xoves, venres e sábado: 23.30–06.30
Outros horarios cando hai concertos.
Próximos eventos:
Non hai eventos