VIALIA
bannerPicnicSesions

Zahara apraza a 2021 a súa actuación na Sala Rouge de Vigo

A Xira Vibra Mahou de Zahara, que non puido celebrarse nas datas previstas como consecuencia das restricións aplicadas por mor da crise sanitaria da covid-19, retomarase en 2021. As entradas xa adquiridas serán válidas para o concerto do próximo ano.

REVISTA ABRIL

A cantante de Úbeda, referente do indie español, viuse obrigada a cancelar a súa actuación na sala Rouge prevista para o 17 de marzo, xunto cos outros 13 concertos previstos dentro da xira para este ano. Os responsables da xira confirman que o concerto terá lugar previsiblemente na primavera de 2021

Zahara é unha das voces femininas máis relevantes do indie en España. A ubetense leva máis de 20 anos de carreira musical, 4 discos publicados e numerosas colaboracións con outras figuras importantes da escena musical, como Love of Lesbian, La habitación roja, The New Raemon, Maga, Niños Mutantes ou Miss Caffeina. En 2018 publicou Astronauta, o seu último disco de estudo composto por 10 novas cancioness e 10 “rarezas”. Este novo disco foi gravado en Gales durante o mes de xullo de 2018 coas viaxes espaciais como leimotiv.

As entradas xa adquiridas serán válidas para a nova xira e aquelas persoas que decidan conservala recibirán unha contraprestación extra, aínda por desvelar. Tamén se poderá levar a cabo a devolución das mesmas a través do email que recibirán por parte da ticketera, Wegow, ayuda@wegow.com, indicando o número de entradas e información de compra. A devolución poderá solicitarse ata o 15 de xullo de 2020.