Love of Lesbian anuncia nova data no festival TerraCeo – A Movida
bannerRevistaOnline

Love of Lesbian anuncia nova data no festival TerraCeo

Tras agotar en poucos minutos as entradas para o concerto do 1 de agosto, os organizadores do festival TerraCeo veñen de anunciar que Love of Lesbian actuará tamén na terraza do Mar de Vigo o 29 de xullo. As entradas para este concerto e para un abono de humor que inclúe as actuacións JJ Vaquero e Moncho Borrajo sairán á venda mañá martes ás 14.00 horas.

Os compoñentes de Love of Lesbian Santi BalmesJuli Sadarriaga Dani Ferrer actuarán dúas veces na terraza do Auditorio Mar de Vigo. Á data anunciada nun comezo do 1 de agosto, súmaselle agora o mércores 29 de xullo. O espectáculo dará comezo ás 20.30 horas e as entradas para o concerto sairán á venda mañá martes 21 ás 14.00 horas a través de Ataquilla. Ofrecerán un concerto en acústico no que farán un repaso polo mellor da súa discografía.

Mañá tamén estará dispoñible en Ataquilla.com o abono que permitirá asistir por 25 euros a dous dos espectáculos de humor programados para o mes de agosto en TerraCeo. Trátase das veladas con JJ Vaquero (5 agosto) e Moncho Borrajo (9 de agosto).

Así queda a programación:

Xullo:

  • Venres 24: Ariel Rot e Federico Lechner
  • Sábado 25: Noites de retranca
  • Mércores 29: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
  • Xoves 30: Coque Malla
  • Venres 31: Álex Ubago 

Agosto:

bannerAfundacion
  • Sábado 1: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
  • Domingo 2: Don Patricio
  • Mércores 5: JJ Vaquero
  • Xoves 6: Mikel Erentxun
  • Venres 7: Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
  • Sábado 8: Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal
  • Domingo 9: Moncho Borrajo
  • Xoves 13: David Suárez
  • Venres 14: Kiko Veneno
  • Sábado 15: Carlos Sadness
  • Domingo 16: Carlos Sadness
  • Sábado 22: Marlango
  • Xoves 27: Recycled J e Kimberly
  • Venres 28: Miss Cafeína
  • Sábado 29: Rodrigo Cuevas
Compartir
X