CAMELIAS MASCOTAS

Xeado de limón con iogur Clesa

Coa chegada da época estival, aflora a tentación dos xeados. Desde aquí propoñemos a sinxela elaboración caseira, contando unicamente con catro ingredientes, dun cremoso e refrescante xeado de limón.

Ingredientes

1 balde de un quilogramo de iogur estilo grego natural Clesa (como alternativas, tamén se poden empregar as variantes de natural con azucre de cana ou natural lixeiro)

200 ml de nata

200 g de azucre en po

12 culleradas de zume de limón (de 3 ou 4 limóns)

Elaboración

REVISTA NOVEMBRO

Nunha cunca grande, mestúrase a nata co iogur estilo grego natural, o azucre en po e o zume de limón, batendo ata que a mestura resulte homoxénea e métese no conxelador. Arredor de dúas horas despois, sacamos a mestura e vólvese meter outra vez no electrodoméstico. Débese repetir este proceso de conxelar e bater un par de veces máis como mínimo, deixando pasar entre dúas e tres horas cada vez no conxelador, para ir rompendo os cristais de xeo e ir obtendo unha consistencia cada vez máis cremosa. Unha vez lograda a textura idónea, tápase o recipiente e conxélase ata o momento de tomalo.

Visita á fábrica de iogures Clesa

A fábrica de iogures Clesa está situada no concello de Caldas de Reis. Abre as portas todos os xoves para recibir escolares e grupos organizados nunha visita que arranca cun percorrido cheo de anécdotas e curiosidades históricas sobre a marca. Continúa cunha parada no espazo habilitado como museo, no que se atopan fotografías, produtos de épocas pasadas e pequenas reliquias de mercadotecnia. Preto do final, dáse un dos momentos máis abraiantes: a vista espectacular desde unha aula acristalada que permite ver en directo o funcionamento da fábrica. Como colofón, o equipo da fábrica reta os visitantes a demostrar creatividade elaborando receitas orixinais empregando como ingrediente principal o iogur estilo grego. Este simpático taller recibe o nome de Clesachef, e está considerado como un dos momentos máis divertidos e deliciosos do percorrido. Para desfrutar desta experiencia, cómpre reservar praza a través do enderezo electrónico habilitado para tal fin: visitas@clun.es.