VIALIA
MAGIC LAXE

O Petisquiño celebra a súa décima edición con 32 participantes

O concurso de tapas O Petisquiño celebra o seu 10º aniversario do 10 ao 27 de outubro coa participación de 32 locais repartidos por todo Vigo. A elaboración gañadora terá como premio especial representar á provincia de Pontevedra no Campionato Nacional de Tapa e Pincho.

O concurso de tapas de Vigo O Petisquiño que este ano celebra dez edicións. Ten lugar do 10 ao 27 de outubro e participan 32 locais espallados por toda a xeografía viguesa. A Federación de Hostelería é a encargada de organizar este evento, que busca promocionar a gastronomía e potenciar a actividade económica dos establecementos de hostalería e restauración locais.

O día 5 de novembro os establecementos con mellores votacións participarán nunha final para alcanzar o premio da Mellor Tapa 2024, onde terán que cociñala en directo diante dun xurado profesional. A elaboración gañadora, terá como premio especial representar á provincia de Pontevedra no Campionato Nacional de Tapa e Petisco organizado por Hosteleria de España, representar a Vigo no Campionato autonómico organizado pola Xunta de Galicia e dispoñerá dun espazo na caseta que Estrela Galicia terá no Galicia Fórum Gastronómico para facer unha demostración dos seus produtos.

Os locais participantes son os seguintes:

REVISTA NOVEMBRO
ÁTTICA21 VIGO
BAR PRIMAVERA 
BARUTA BURGER & KITCHEN
BENDITO NOPAL
CHEMIN DE FER – RESTAURANTE CASINO DE VIGO
CHILANGA
COSA NOSTRA
COSTERA MX OYSTER BAR
KOZY CAFÉ
LA BODEGUILLA DE ARI
LA CENTRAL GASTRO
LA CONTENTA
LA CULTURAL BRUNCH
LA MARCIANA
LA ORENSANA
LA PICA
LA PINTXOTECA 
LA REVOLTOSA
LOS DULCES DE ALBITA
LOS GIRASOLES

LUME DE CAROZO
NH COLLECTION VIGO
NIKKO ESPACIO GASTRONÓMICO
O CROQUE COCIÑA
O LAR DAS ARTES
PINTXOTECA MAR
PLATERO´S BURRITOS TEX-MEX
PORTO CAFÉ
RAZA VIGO
RESTAURANTE CASA FIDEL
RESTAURANTE GÜÓC
RESTAURANTE MALASANGRE

Preme na imaxe para acceder a Google Maps e identificar cada establecemento

Ademais do Petisquiño, nestes momentos estase a celebrar o Conxetapas ata o día 20 deste mes. Neste evento organizado pola feira Conxemar participan El Mosquito, Bella Napoli, La Comidilla, La Tapadera, La Centralita, Paparrua, A tapa do Barril, Pintxoteca, Pintxoteca Mar, Taberna A Mina, Vaiche Boa, La Pica, Lume de Carozo, Platero’s Burritos, La Contenta, La Central, Paparota, Polbo bar, A Retranca y Costera MX.