Volven os roteiros urbanos da man de Freetour Vigo
A cultura debe continuar de todas as maneiras posibles, é unha delas é a través dos roteiros culturais guiados, que nos axudan a redescubrir a nosa cidade e a mirala con outros ollos. É o caso de Freetour Vigo, que ata final de ano oferta tres roteiros diferentes con grupos de ata cinco persoas.
Aínda que moitas persoas o descoñecen, actualmente é posible facer roteiros urbanos guiados para un máximo de cinco persoas, sexan ou non convivintes. Así o sinala o Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia e a Orde do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
O funcionamento dos roteiros de Freetour Vigo é o seguinte: podes escoller unha das datas marcadas pola organización ou propoñer ti unha a maiores se xuntas a un grupo de cinco persoas, neste caso sempre suxeito á dispoñibilidade dos guías. Os roteiros serán de seis persoas, guía incluído, e o pago se realizará de maneira voluntaria ao final do tour segundo o grado de satisfacción. As reservas poderán realizarse a través de freetourvigo@gmail.com, do 654 22 69 94 ou das súas redes sociais. A continuación, un resumo dos diferentes roteiros e as súas datas:
VIGO STREET ART (22 e 28 Novembro e 6, 12 e 20 de Decembro ás 16h)
Un percorrido polas rúas e recunchos máis auténticos de Vigo onde pararemos a comentar as pezas e os artistas máis destacados da nosa arte urbana e o seu contexto. Obras site specific, unha firma ou tag lendaria e moitas outras sorpresas. Unha ruta chea de cor! Duración aproximada: dúas horas.
MISTERIOS E LENDAS (20 e 28 Novembro e 5, 11 e 20 de Decembro ás 20h)
Galicia é unha terra meiga e Vigo e a súa lendaria ría agochan como non podía ser doutra maneira multitude de misterios e lendas. Percorre ao solpor recunchos cheos de maxia e descobre historias e cousas sorprendentes. Duración aproximada: hora e media
VIGO PARA BUSCADORES DE TESOUROS (todos os días)
O free tour máis popular de Vigo, ideal para coñecer o máis importante da nosa historia e cultura. Mergúllate cun experto local e descubre os tesouros da nosa cidade e da nosa ría. Duración aproximada: dúas horas.