REVISTA ABRIL

Da Reconquista aos Nazis: Vigo Turístico presenta seis novos roteiros temáticos

Desde mediados de marzo e ata xuño teremos seis novos roteiros temáticos que poderemos facer da man de Vigo Turístico. Os conceptos non poderían ser do máis variados: A Reconquista, Vigo negro e paranormal, Vigo nación, O ataque do pirata Drake, Tras as pegadas de Julio Verne e a Conexión de Vigo co mundo da espionaxe.

REVISTA ABRIL
Celebración da festa da Reconquista no 2019 | P. Vázquez

Ao longo destes meses de parón os guías Borja Concheiro e César Pérez, de Vigo Turístico, maquinaron seis novas rutas temáticas para descubrir a cidade con outros ollos, afondando e desfrutando dos feitos máis destacados, anecdóticos e descoñecidos da historia local. Os roteiros foron deseñados para tentar reactivar e ao mesmo tempo promover o turismo de proximidade, enriquecendo a oferta cultural da cidade.

Rutas por e para vigueses que farán á xente sentir na pel de personaxes do noso imaxinario popular e descubrir aspectos sorprendentes e aínda descoñecidos do noso pasado. Experiencias para todos os públicos que se poden gozar pola primeira vez en Vigo, e que buscan entreter a toda a familia compartindo cultura ao mesmo tempo. En definitiva, seis propostas turísticas enriquecedoras, totalmente seguras e adaptadas a todos os públicos. Os paseos guiados pódense facer en galego ou castelán e están dirixidos polos guías oficiais que os crearon, aportando así o seu granciño de area para aumentar a diversidade e a calidade da oferta turística de Vigo, promovendo o seu desenvolvemento sostible e a súa posta en valor. As seis rutas dispoñibles serán ás 17:00 horas agás a ruta nocturna de Vigo negro e paranormal , que será ás19:30 horas. O prezo para adultos é de 10€.

  1. VIGO NACIÓN!
    Repasarán nunha ruta interactiva polo centro de Vigo os feitos, monumentos e personaxes máis destacados que fixeron da nosa urbe unha cidade tan singular. Unha revisión do que representa e significa o viguismo e da razón deste sentimento tan noso.
    Datas en galego: 27 de marzo, 29 de maio
    Datas en castelán: 21 de marzo, 2 de Abril e 6 de xuño
  2. CONEXIÓN VIGO
    Coñeceredes os acontecementos que fixeron de Vigo un niño de espías. Compartirán segredos pouco coñecidos, misterios aínda sen resolver e entenderedes mellor como esta cidade con vistas ao Atlántico podería converterse nun epicentro global da guerra subterránea e nun centro neurálxico das comunicacións.
    Datas en galego: 16 de maio e 19 de xuño
    Datas en castelán: 8 y 22 de maio e 27 de xuño
  3. TRALAS PEGADAS DE XULIO VERNE
    Por que se considera a nosa cidade a que o gran escritor francés coñeceu mellor na península Ibérica? Que lle fascinou e inspirou tanto? Únete a esta xira na que abrirán o seu diario de rexistro e seguiredes os pasos que tomou pola cidade descubrindo o que máis lle impresionou.
    Datas en galego: 30 de maio e 12 e 26 de xuño
    Datas en castelán: 21 de maio e 5 e 18 de xuño
  4. 1589: ARDE VIGO! O ataque do pirata Drake
    Farán revivir o que sen dúbida foi o ataque máis terrible que sufriu a nosa cidade. Descubriredes por que este corsario inglés nos odiaba tanto e cales foron as consecuencias dun ataque tan fatal…
    Datas en galego: 17 de abril, 15 de maio e 13 de xuño
    Datas en castelán: 10 e 24 de abril e 1 de maio
  5. VIGO NEGRO E PARANORMAL
    Atrévete a descubrir o lado máis escuro e tráxico de Vigo e da ría. Unha viaxe chea de suspense coñecendo feitos e cousas sorprendentes do noso pasado que non poderás esquecer facilmente.
    Datas en galego: 11 e 25 de abril e 9 de maio
    Datas en castelán: 3, 16 e 30 de abril
  6. 1809: A RECONQUISTA DE VIGO!
    Pouca xente sabe a verdadeira magnitude e importancia da nosa maior fazaña. Retomaremos da man de personaxes míticos as horas cruciais dese 28 de marzo e analizaremos o contexto histórico e a enorme repercusión que esta vitoria tivo para a nosa cidade.
    Datas en galego: 20, 26 e 28 de marzo e 3 de abril
    Datas en castelán: 19, 21 e 27 de marzo e 2 e 4 de abril

Para máis información sobre datas, horarios e prezos, preme aquí.