CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Xa dispoñibles os roteiros interactivos a través de Vigo App

Este novo sistema lanzado polo Concello dentro de Vigo App permitirá realizar percorridos virtuais para turistas e cidadáns sobre o patrimonio cultural, medioambiental e histórico, así como rutas de exposicións interactivas con vídeos e audioguías na rede de museos municipais. 

Máis de 5.000 elementos da cidade (centros e instalacións, elementos turísticos, servizos de tráfico e transporte, recursos cidade, rueiro…) e acceso a datos en tempo real (como o estado do tráfico, as cámaras, próximas chegadas de autobuses ou a temperatura en distintos puntos da cidade), así como acceso a información actualizada diariamente como as noticias, avisos, axenda, convocatorias. Todo isto atoparemos en Vigo App: a cidade nas túas mans, unha aplicación para móbiles lanzada polo Concello que podes descargar tanto en Google Play como na App Store.

CAMELIAS NADAL

A última novidade deste ambicioso proxecto dixital son os roteiros interactivos, que xa se atopan dispoñibles desde o pasado 7 de decembro. Este proxecto (que se atopa dentro do apartado “Cidade” da App) foi deseñado por técnicos municipais e contou co cofinanciamento dos fondos DUSI europeos, dentro proxecto “Vigo vertical”. Segundo explicou o alcalde Abel Caballero, o obxectivo é poñer en valor o rico patrimonio de Vigo creando unha grande base de datos dos elementos clave da cidade polo seu interese turístico, histórico, medioambiental, cultural ou artístico.

Unha vez dentro do apartado “Rutas interactivas”, teremos tres opcións: Museo Marco, coas exposicións de Celeste Garrido e Manuel Vilariño; Turismo, coas opcións de “Vigo en 60 minutos” e Monte do Castro en 100 minutos”; e Patrimonio Histórico, coa “Muralla de Vigo” e a “Ruta botánica do xardín do Pazo Quiñones de León”, estas últimas de 30 e 40 minutos, respectivamente.

Como vemos, todas elas son dun nivel medio-fácil e ninguna sobrepasa os dous quilómetros. As duracións oscilan entre a media hora e as dúas horas, polo que son axeitadas para case calquera persoa. En cada unha destas opcións atoparemos textos explicativos cos puntos máis salientables da ruta e unha galería de imaxes.