Volve o Petisquiño con máis de 30 establecementos
Este xoves 28 de outubro arrincou o concurso de tapas vigués por excelencia, o Petisquiño. 35 establecementos de diferentes barrios da cidade competirán ata o próximo 14 de novembro para alzarse co premio ao mellor petisco.
Cunhas limitacións de aforo que xa son historia e uns horarios máis flexibles, a hostalería viguesa afronta con ilusión esta 7ª edición do Concurso de Tapas de Vigo: Petisquiño. Un total de 35 bares e restaurantes de toda a cidade ofrecerán os seus manxares ata o 14 de novembro, co obxectivo de convertir este certame nun referente gastronómico da cidade e nun atractivo turístico.
Ademais de valorar a calidade-prezo, presentación e sabor, un xurado formado por 12 profesionais do mundo da gastronomía e da hostalería tamén terá en conta a utilización de produtos de proximidade e o uso de estratexias de marketing dixital para adaptarse ao impacto e uso das novas tecnoloxías de comunicación. Os premios son os seguintes:
- Premio Estrella Galicia á Mellor tapa
- Tapas finalistas: 4 menciones ás tapas finalistas
- Premio á tapa más popular
- Premio especial: Mellor Tapa do mar (patrocinado por El mar)
- Premio ao mellor maridaxe con Cava Titiana
- Premio Cune á tapa máis tradicional
- Premio á mellor tapa da huerta
O público que deguste e colabore nas votacións tamén gozará de premios especiais en produto ademais de realizarse diferentes sorteos que dinamizarán o concurso a través das redes sociais. Esta é a lista dos establecementos participantes:
A CULLER DE TERESA | EL CORTE INGLÉS | NIKKO ESPACIO GASTRONÓMICO |
ALIUM TAPERIA | EL ITALIANO FEO | O CROQUE |
BAR DAKAR | FILIPE | PATOURO TABERNA |
BAR PRIMAVERA | GOTHAM VIGO | PINTXOTECA MAR |
BARUTA BURGER & KITCHEN | JUANA Y JUANITA | RECA ROSALIA |
BELLA NAPOLI | LA BODEGA DEL ÁGUILA | RESTAURANTE LA CARPINTERIA |
CAFETERIA EOI VIGO | LA CHILANGA | RESTAURANTE PURA & CONCHA |
CASA PUGA | LA CONTENTA | RESTAURANTE SON VENTO |
CASINO DE VIGO | LA PINTXOTECA | TAPERIA SIRENO |
COSMOS | LAGARETA | VALDEVEZ ALTA TABERNA |
D´ANTONIO | LOS 80´S BOUZAS | ZOOM ZOOM CAFÉ |
DA MARIO TRATTORIA SICILIANA | MESÓN EL ÁGUILA |
Aquí atoparás toda a información de cada un dos locais e dos petiscos.