UVIGO
FILLOAS

Xacobeo Wild Race volve con máis quilómetros, máis obstáculos e unha versión infantil

Xacobeo Wild Race, a carreira de obstáculos que se cerebra no marco do festival multidisciplinar The Wild Fest, abre o período de inscrición este venres, 4 de febreiro. Na súa terceira edición, a carreira crece en número de quilómetros e obstáculos e incorpora unha nova modalidade, Pequerace, deseñada para público infantil.

Imaxe da Xacobeo Wild Race de 2021

Por terceiro ano os montes de San Miguel de Oia serán o escenario da Xacobeo Wild Race, unha OCR, é dicir, carreira de obstáculos, que se serve de elementos tanto naturais como colocados pola organización para retar aos atletas. A carreira terá lugar o día 3 de xullo e as persoas que desexen participar poderán inscribirse a partir deste venres (4 de febreiro) na
plataforma CCNORTE.
A período de inscrición estará aberto ata o 26 de xuño, pero o prezo dos dorsais irá aumentando a medida que se achegue esa data.

A OCR Xacobeo Wild Race é un desafío deportivo na natureza na que os participantes deberán superar máis de 40 obstáculos ao longo de 10 quilómetros de percorrido para chegar á meta. Isto supón un aumento de duración e dificultade respecto a anos anteriores, nos que o percorrido foi de oito quilómetros e os obstaculos, 35. As probas están inspiradas en diferentes disciplinas deportivas de alta intensidade como o CrossTraining, PaleoTraining ou Strogman, o que significa que os participantes deberán contar con preparación física e mental para superalos.

Existen tres modalidades de parcipación na Xacobeo Wild Race, en función do nivel de esixencia e dificultade que cada corredor desexe. Para inscribirse encalquera das modalidades de adultos é preciso ter 16 anos no momento de celebración da carreira. A modalidade Wolf (lobo) é unha carreira por equipos de catro persoas (masculinos, femininos ou mixtos), polo que a cooperación, a táctica e o traballo de todos os integrantes será fundamental para chegar con éxito á meta. A modalidade Raven (corvo) é unha carreira individual. Os participantes poderán decidirse pola categoría Élite, onde non poderán recibir axuda doutros participantes para superar as probas, ou Popular, que si permite recibir axuda externa.

Por outra parte, e como novidade da terceira edición, Xacobeo Wild Race terá unha versión para os pequenos da casa: a Pequerace celébrase nun percorrido diferente e adaptado aos nenos que contará con 10 obstáculos ao longo de 300 metros. Os nenos ata 7anos deberán dar dúas voltas ao circuíto, mentres que os maiores de 8 darán tres.

CAMELIAS NADAL
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.