REVISTA ABRIL

Volve o Petisquiño con máis de 30 establecementos

Este xoves 28 de outubro arrincou o concurso de tapas vigués por excelencia, o Petisquiño. 35 establecementos de diferentes barrios da cidade competirán ata o próximo 14 de novembro para alzarse co premio ao mellor petisco.

Unha das tapas participantes nunha das anteriores edicións

Cunhas limitacións de aforo que xa son historia e uns horarios máis flexibles, a hostalería viguesa afronta con ilusión esta 7ª edición do Concurso de Tapas de Vigo: Petisquiño. Un total de 35 bares e restaurantes de toda a cidade ofrecerán os seus manxares ata o 14 de novembro, co obxectivo de convertir este certame nun referente gastronómico da cidade e nun atractivo turístico.

REVISTA ABRIL

Ademais de valorar a calidade-prezo, presentación e sabor, un xurado formado por 12 profesionais do mundo da gastronomía e da hostalería tamén terá en conta a utilización de produtos de proximidade e o uso de estratexias de marketing dixital para adaptarse ao impacto e uso das novas tecnoloxías de comunicación. Os premios son os seguintes:

  • Premio Estrella Galicia á Mellor tapa
  • Tapas finalistas: 4 menciones ás tapas finalistas
  • Premio á tapa más popular
  • Premio especial: Mellor Tapa do mar (patrocinado por El mar)
  • Premio ao mellor maridaxe con Cava Titiana
  • Premio Cune á tapa máis tradicional
  • Premio á mellor tapa da huerta

O público que deguste e colabore nas votacións tamén gozará de premios especiais en produto ademais de realizarse diferentes sorteos que dinamizarán o concurso a través das redes sociais. Esta é a lista dos establecementos participantes:

A CULLER DE TERESA EL CORTE INGLÉS NIKKO ESPACIO GASTRONÓMICO
ALIUM TAPERIA EL ITALIANO FEO ​O CROQUE
BAR DAKAR FILIPE PATOURO TABERNA
BAR PRIMAVERA GOTHAM VIGO PINTXOTECA MAR
BARUTA BURGER & KITCHEN JUANA Y JUANITA RECA ROSALIA
BELLA NAPOLI LA BODEGA DEL ÁGUILA RESTAURANTE LA CARPINTERIA
CAFETERIA EOI VIGO LA CHILANGA RESTAURANTE PURA & CONCHA
CASA PUGA  LA CONTENTA RESTAURANTE SON VENTO
CASINO DE VIGO LA PINTXOTECA  TAPERIA SIRENO
COSMOS LAGARETA VALDEVEZ ALTA TABERNA
D´ANTONIO LOS 80´S BOUZAS ZOOM ZOOM CAFÉ
DA MARIO TRATTORIA SICILIANA MESÓN EL ÁGUILA

Aquí atoparás toda a información de cada un dos locais e dos petiscos.