CAMELIAS MASCOTAS

‘Vigo contra el cáncer’ apoirá o proxecto OCTOPUS

‘Vigo contra el cáncer’ apoiará este ano a OCTOPUS, un proxecto de investigación contra o cancro de pulmón. A asociación doará o 90% das súas recadacións a este proxecto e un 10% ás actividades realizadas na planta de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademáis a VII Carreira de Vigo Contra el Cáncer xa ten data.

REVISTA NOVEMBRO
Actividades na pranta de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro

Os beneficios xerados durante o ano 2019 pola asociación ‘Vigo contra el cáncer’ irán destinados á investigación contra o cancro do pulmón, considerado a principal causa de morte por cancro en España. Os datos son escalofriantes xa que na última década esta enfermidade aumentou un 17% na población. Diagnosticada principalmente en homes, agora se estima que 1 de cada 4 pacientes son tamén mulleres. A principal causa é o tabaco e a súa media de superviviencia é de 4 anos.

O Grupo Español de Cáncer de Pulpón (GECP) alerta sobre a necesidade de máis recursos e investigación para paliar a principal causa de morte por cancro no noso país, pois so un 8% do CIBER é destinado ao cancro de pulmón. Así pois, o principal obxetivo de OCTOPUS (Oncoloxía Customizada para Tratar Os Pulmóns) é determinar o mellor tratamento posible para cada un dos pacientes diagnosticados con cancro de pulmón avanzado tendo en conta as características xenéticas de cada un.

‘Vigo contra el cáncer’ conseguiu recaudar no ano 2018 61.884,57 euros e a súa actividade principal é unha carreira solidaria que este ano xa vai facer a súa sétima edición e datarase o domingo 20 de outubro, co que se espera recadar unha gran cantidade para as causas xa mencionadas. As datas de inscrición sairán próximamente na páxina oficial da asociación. Por outro lado, se tan so queres donar sen necesidad de participar na carreira tamén podes facelo nesta ligazón.

The following two tabs change content below.

Uxia Soliño

Iniciou os seus estudos na Filoloxía Hispánica na USC pero abandonouno cando se deu conta que a súa vocación era o mundo audiovisual. Estudando Comunicación Audiovisual na UBU e compatibiliza con UBURadio, onde dirixe e locuta Que me estás cantando. Escribiu o guion da curtametraxe 3:03 que foi galardoada a Mellor Curtametraxe de Ficción no Festival Creando 2019. Amante da fotografía, da radio, da música, dos seus e dos cans. De maior quere ser como Ángel Carmona ou Wilma Lorenzo aínda que se conforma con ser ela mesma, é fan da música e dos concertos improvisados na ducha.