PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Vigo, cidade de cor: Mr. Kern

Debuxante de cómics, ilustrador, muralista… o soporte é o de menos para o artista Mathia Liniado, máis coñecido como Mr. Kern. Para el, o importante é o contido.

Un contido claramente recoñecible en toda a obra que asina, grazas un estilo persoal que foi pouco a pouco afianzando desde fontes que van desde Velázquez, ata a arte urbana dos anos noventa, pasando polo cómic underground dos anos oitenta. El mesmo recoñece toda a bagaxe que o sustenta: «flipo co Barroco español tanto como con Paco Alcázar, Simon Bisley, Blutch, Richard Corben, MacGyver ou El Fary». Se a todas estas influencias se lle suma moito traballo e un don innato para expresar, obtense a obra deste heteroxéneo artista.

Unha das trazas máis representativas do traballo deste bonaerense entronca directamente coa nosa idiosincrasia: o feísmo. Nas obras que realiza os personaxes están inmersos en accións que decorren entre absurdo, a sátira e o surrealismo, e normalmente non representan os canons tradicionais de beleza, cando non están directamente deformados para buscar un impacto. «Estou farto do perfectos que debemos ser todos; canso de que todo o que nos guste sexa absolutamente redondo, cadrado e, xa que logo, fermoso». O mural que hoxe nos ocupa é unha boa mostra do estilo deste artista. Seguro que moitos dos veciños que con el conviven buscaron máis pezas do autor, pois por algún motivo teñen algo de aditivas. Xa me diredes que vos pareceu.

O mural sitúase na avenida á altura do número 109 da avenida de Galicia.

VINA COSTEIRA
The following two tabs change content below.
Juan Teixeira é un fotógrafo documental con sede en Vigo. Cursou estudos de Publicidade e RRPP, pero pronto se decatou de que aquel non era o seu lugar. A través dunha serie de viaxes por Sudamérica e o sueste asiático, observou que a fotografía era unha forma de relacionarse e explorar o mundo dun modo moi persoal, coma un espectador que intenta comprender o que sucede ao seu redor. Desde entón intenta comprender ese mundo que o rodea, centrándose nas persoas e as súas relacións con outras persoas, coa sociedade, a natureza e o tempo e o lugar que a cada unha lles toca vivir.

Últimos posts de Juan Teixeira (ver todos)