CAMELIAS MASCOTAS

Vigo celebrará en febreiro e marzo a carreira de San Silvestre e a Festa de Fin de Ano de As Travesas

A meteroloxía obrigou a suspender a carreira de San Silvestre programada para a tarde do sábado e a festa de fin de ano en As Travesas na que estaba programado a actuación da Orquestra Fórmula despois das campanadas.

Abel Caballero anunciou esta mañá que tanto a carreira de San Silvestre como a festa de Fin de Ano de As Travesas, suspendidas polo mal tempo, celebraranse máis adiante. Concretamente o alcalde anunciou que a carreira de San Silvestre terá lugar a mediados de febreiro e a xente poderá ir igualmente disfrazada, tal como estaba previsto que o fixeran este sábado. Por outra banda, a festa de fin de ano de As Travesas celebrarase a mediados de marzo, o alcalde non descartou que haxa badaladas e uvas e dixo que tanto a data exacta como os detalles os coñeceremos máis adiante.

Ambos eventos ían celebrarse despois de dous anos se poder facerse por mor da pandemia. Nesta ocasión, foi a alerta de temporal o que provocou a súa cancelación. Teremos que esperar unhas semanas para ver se finalmente poderemos gozar destes dous tradicionais eventos vigueses.