VIALIA
bannerPicnicSesions

Así celebrará Vigo o San Xoán

Xa está aquí unha das noites máis máxicas do ano. O lume, as sardiñas e a troula serán os protagonistas en gran parte dos barrios e parroquias de Vigo que se preparan para dar a benvida ao verán. Neste mapa podes consultar todas as cacharelas que solicitaron permiso. Os bombeiros están revisando que se cumpren as medidas de seguridade polo que pode ser que algunha delas non chegue a arder. Ao longo do día de mañá actualizaremos coas fogueiras autorizadas.

A noite de San Xoán non é só a máis curta do ano senón que tamén é unha das máis místicas. Un festexo de orixe pagán que celebra o solsticio de verán ao redor dunha fogueira purificadora. A sardiña é outra das grandes protagonistas nesta noite, e ben sabido é “En San Xoán a sardiña molla o pan”. Os ritos e crenzas en torno a esta celebración son do máis variado. Un dos máis coñecidos é o de saltar sobre as últimas lapas de lume ao tempo que se exclama:

Salto por riba

do lume de san Xoán,

para que non me morda

cadela nin can

nin bicho vivinte

que ande polo chan.

REVISTA ABRIL

Outra das tradicións máis estendidas é a de lavar a cara na mañá de San Xoán co Cacho, unha mestura de auga con herbas típicas galegas.

O Concello ten rexistradas 30 solicitudes de fogueira para a celebración deste San Xoán 2018, poucos son os barrios da cidade que non teñen a súa propia. Pero previo a fogueira hai programadas outras actividades. Entre o venres e o sábado hai organizadas varias saídas en diferentes puntos da cidade para ir recoller as herbas de San Xoán e crear o noso Cacho. Os que de ben seguro van gañarse as sardiñas son os participantes na Carreira Nocturna de San Xoán que sairá ás 21:00 da praza do Rei e, tras un percorrido de case 8 quilómetros, culminará na praza do Berbés, onde os corredores se poderán unir a unha das festas de San Xoán con máis sona da cidade. A Asociación do Casco Vello ten programada unha velada de moita música, auga e por suposto lume. Un pouco máis arriba os veciños do Casco Vello Alto volven organizar unha gran sardiñada na praza do Abanico. Unha das propostas máis orixinais para pasar este San Xoán é o proposto pola Asociación de veciños de Teis, onde a tropa Korriban de ‘Star Wars’ estará animando a festa. A comida, a música e as fogueiras están aseguradas nas asociacións do Val do Fragoso, a Miñoca, As da Industria e Navia. Pero, se algo ten sona é ir pasar o San Xoán á praia. A costa de Vigo resplandecerá co arder das fogueiras a partir da media noite. Nesta contorna, a de Alcabre conta con boa fama e a partir das 20:00 hai programada unha intensa actividade festeira na que o público infantil terá gran protagonismo. As parroquias da cidade tamén se unen a celebración e haberá fogueira en Beade, Matamá, Freixo, Cabral, Saiáns…

A continuación, os eventos das festas de San Xoan e a súa programación:

(GMT+01:00) Plaza do Berbés


(GMT+01:00) Torreiro da Igrexa Vella de Alcabre


(GMT+01:00) Navia


(GMT+01:00) Pavillón Polideportivo Bouzas


(GMT+01:00) Parque de Joaquín García Picher


(GMT+01:00) Praza do Abanico


(GMT+01:00) Auditorio da OMD Teis


(GMT+01:00) AVV Val do Fragoso


(GMT+01:00) Matamá


(GMT+01:00) Igrexa San Xoan (Freixo)


(GMT+01:00) Baixada á Praia, Saians


(GMT+01:00) Centro Cultural Helios Bembrive


(GMT+01:00) AVV Santa Marina de Cabral


(GMT+01:00) Círculo Mercantil


(GMT+01:00) Praza de Santa Rita


(GMT+01:00) Praia do Vao


(GMT+01:00) UVCD Candeán


(GMT+01:00) Carregal (Valadares)


(GMT+01:00) Praza da Miñoca


(GMT+01:00) CVC Valladares


(GMT+01:00) Bar Danais


(GMT+01:00) Padel Stop


(GMT+01:00)


(GMT+01:00) Camaleón


(GMT+01:00) Praia de Samil


(GMT+01:00) La Vela