VIALIA
REVISTA MARZO

Fin de semana de Rondallas nas Travesas e máis no IFEVI

Esta fin de semana organízanse os dous principais eventos de Rondallas do ano: o Certame do sábado  12 en Travesas con cinco agrupacións locais e o Concurso do domingo 13 no IFEVI, con catorce agrupacións de todo o sur da provincia.

Imaxe do último Concurso de Rondallas no IFEVI

Aínda que no resto da península xa están a recoller os beléns, luces e árbores ata o ano que vén, Vigo aférrase con forza ao Nadal e semella non querer deixalo ir. Por iso, ademais de que a iluminación estará acendida ata o domingo 13 de xaneiro, temos unha fin de semana cargada de Rondallas. O sábado 12 será o turno do Certame nas Travesas e o domingo 13 o Concurso no IFEVI.

Banner A Movidiña

Comezando polo sábado,  celebrarase ás 19:00 o Certame de Rondallas no Complexo Deportivo das Travesas coas cinco agrupacións da cidade: Beade, Bembrive, O Freixo, Valadares e Zamáns. A entrada é de balde e as invitacións poden recollerse de luns a venres en horario de mañá no Servizo de Festas do Concello ou o propio día pola tarde no pavillón.

O domingo ás 17:00 no IFEVI chega o prato forte, xa que neste Concurso de Rondallas reúnense catorce agrupacións de todo o sur da provincia. Así, atoparemos rondallas de  A Merced de Chaín (Gondomar), Atios (O Porriño),Beade (Vigo), Guizán (Mos), Herville (Mos), Parada (Nigrán), Pontellas (O Porriño), Torroso (Mos), Valladares (Vigo), Vincios (Gondomar), Zamáns (Vigo), Helios de Bembrive (Vigo), Peña Freixo (Vigo) e Santa Eulalia (Mos).

Todas elas van desde os sesenta aos cento vinte membros. As entradas terán un prezo de 2€ e poderán adquirise na Agrupación de Centros Culturais ou a través das propias agrupacións. cada ano renovano repertorio no que conxugan temas de tradición galega, panxoliñas e adaptacións de temas actuais ou clásicos, de bandas como ACDC ou Queen.

(GMT+01:00) Pavillón das Travesas


(GMT+01:00) IFEVI