VIALIA
REVISTA MARZO

Abertas as inscricións para a carreira San Silvestre

Volve como cada final de ano a San Silvestre, posiblemente a carreira máis divertida da tempada. Será o 31 de decembro ás 17:00, con saída desde a Praza de Compostela, e cun total de 4 kms de distancia.

Como outros anos, haberá premios aos mellores disfraces | San Silvestre

Poucas formas mellores hai de acabar o ano que facendo un pouco de deporte sen presión, por puro divertimento. A carreira ideal para isto é a San Silvestre, que se celebra cada ano o 31 de decembro e na que non existen categorías nin premios para os que cheguen primeiro. Iso si, haberá premios aos mellores disfraces individuais, en grupo e das crianzas.

Banner A Movidiña

A saída será na Praza de Compostela ás 17:00, e a distancia só de 4 kms, que se poderán facer ao ritmo que cada un considere oportuno. O percorrido será o mesmo que o doutros anos, pasando por Montero Ríos, a Praza do Berbés, o Casco Vello ou García Barbón, para rematar no mesmo sitio no que comezou.

Ata as 16:30 poderán recollerse gratuitamente gorros de Nadal para os participantes que aporten alimentos non perecedeiros na carpa do Banco de Alimentos. A inscrición para a proba, tamén gratuíta, pode realizarse a través da web www.magmasports.es ata o 25 de decembro. A recollida dos dorsais será no Decathlon do Parque Comercial Meixoeiro do 26 ao 30. O día da proba non se realizarán inscricións nin se entregarán dorsais.

Anímate a correr da forma máis divertida!