CAMELIAS MASCOTAS

Unha restaurada finca Solita albergará música e actividades infantís este verán

As actividades na finca Solita serán todos os venres de xullo e agosto, totalmente de balde. Os días 12 e 19 deste mes e os venres 2 e 9 de agosto, Contos de Indianos, unha proposta de música e teatro dirixida ao público infantil. O 26 de xullo, concerto do Trío de Jazz da Fundación Mayeusis e o 23 de agosto, concerto de Antilia.

O Trío de Jazz da Fundación Mayeusis durante unha actuación.

Ademais das representacións teatrais na vila romana de Toralla ao longo do verán, o Concello amplía este ano as accións culturais e divulgativas en espazos históricos cunha nova programación en finca Solita, a vila indiana situada en Alcabre recentemente rehabilitada polo Concello e pola Deputación.  A reconstrucción, cuxa inversión foi de 320.000 euros, foi realizada pola empresa local BMJ Arquitectos, coa colaboración de Víctor M. González Magdalena.

REVISTA NOVEMBRO

Como eles mesmos explican na memoria do proxecto, “a intervención debería preservar a percepción do espírito do edificio, como peza da memoria colectiva, que así chegou ata os nosos días. A idea de que se perciba o tempo, e que o novo uso agora exposto non desvirtúe esta sensación. Un novo uso, outro programa e a necesidade de poñer en valor a ruína preexistente. Resólvese o programa en dous niveis de uso (adaptados aos existentes) de forma que se procure aproveitar unha máxima verticalidade dos espazos pero partindo da premisa de que se deberá percibir o edificio como un todo”.

Esta importante casa señorial de finais do século XIX (a capela anexa, en cambio, data de 1925) atopábase nun estado paupérrimo debido a décadas de abandono, ata que no ano 2018 comezaron as obras para recuperar este histórico espazo. Desde o ano 1993 a casa é propiedade do Concello, mais ningún dos proxectos que tentaban rehabilitala saíu adiante.

A programacion estival e gratuÍta na vila Solita é a seguinte: ás 20:30, os días 12 e 19 deste mes e os venres 2 e 9 de agosto, Contos de Indianos, unha proposta de música e teatro dirixida ao público infantil. O 26 de xullo ás 21:30, concerto do Trío de Jazz da Fundación Mayeusis, músicos novos cunha dilatada formación e, o 23 de agosto ás 21:30, concerto de Antilia, banda ecléctica e elegante con poéticas letras en galego. 

(GMT+01:00) Villa Solita

(GMT+01:00) Villa Solita

(GMT+01:00) Villa Solita

(GMT+01:00) Villa Solita