CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Actividades infantís para este verán

Comeza o verán, unha tempada ideal para pasar máis tempo cos máis pequenos en diferentes tipos de actividades: concertos, contacontos, exposicións, obradoiros… Aquí vos deixamos algunhas opcións.

Foto: Pablo Vázquez

NO VERÁN UN CONTO

A iniciativa local levada a cabo por Normalización Lingüística propón un verán cargado de actividades tanto para público infantil como xuvenil e adulto. Iran desde xullo ata comezos de setembro, nunha programación que percorrerá os diferentes barrios da cidade. O plantel está formado por moitos vellos coñecidos doutras edicións e actividades similares, como son Bea Campos, Ce Orquestra Pantasma, Magín Blanco, Pakolas, Polo Correo do Vento e Raquel Queizás. Podes consultar toda a programación premendo aquí.

MUSEO LISTE

A maiores das súas exposicións temporais e permanentes, durante o período estival o museo etnográfico ofrece varias propostas para as crianzas e a mocidade. Bruxuleando, Enigma, Unha vida en imaxes, Os sons do traballo, Instrumentos humildes e Descubrindo o Liste son os nomes destas actividades, que contan tanto cunha parte teórica como con outra práctica. Durarán 1 hora e o prezo será de 1€ por participante. Para grupos é preciso realizar unha solicitude previa en recepcion@museoliste.org

MUSEO MARCO

CAMELIAS NADAL

Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 3 e 12 anos. A proposta está adaptada a dous grupos de idade, e as actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) e no Espazo Anexo, complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas salas de exposición. Cada sesión é independiente, e o programa e contidos xiran ao redor das obras dos artistas presentes nas exposicións do MARCO nesta tempada: Din Matamoro, Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente, y Glenda León. Os talleres serán gratuítos e estarán divididos en dous grupos segundo a ideade. Consulta máis información premendo aquí.

MUSEO DO MAR

En xullo e agosto o Museo encherase de actividades para cativos de martes a sábado. Actividades sobre reciclaxe, charlas sobre tiburóns e baleas, obradoiros de cerámica… a oferta é do máis ampla. Estes eventos precisan de reserva previa e o pago da entrada xeral ao museo. Toda a información premendo aquí.