UVIGO
FILLOAS

Volven as representacións romanas á Vila de Toralla

Un ano máis a Vila de Toralla acollerá a vida dos vigueses na época romana. Estas recreacións terán lugar na finca Mirambel durante o mes de xullo e agosto.

Un grupo de mulleres asisten á presentación romana da Vila de Toralla. | Pablo V.

Os vigueses romanos tornan á finca Mirambel para representar as súas costumes. As teatralizacións darán comezo o próximo 4 de xullo con dous pases, un ás 20:00 e outro ás 21:00. Para quen non poida acudir nesta data, os días 11 e 18 de xullo máis o 1 e 22 de agosto, repetiranse estas representacións. Ademais o 9 de agosto, coincidindo coa Noite Branca, a Vila de Toralla ofrecerá pases de 20:00 a 01:00 da madrugada.

Os asistentes poderán disfrutar dun recibimento con flores, un banquete, unha venda de escravos, un baile, unha loita de gladiadores e como novidade este ano tamén presenciarán un funeral. É unha actividade de balde e lúdica que axuda aos cidadáns coñecer a boa recuperación do espazo da Vila romana de Toralla. Unha iniciativa que favorece o desenvolvemento histórico e cultural da cidade.

Se estás interesado en asistir ou procuras máis información podes chamar ao teléfono gratuito de atención cidadá 010.

(GMT+01:00) Vila romana de Toralla

(GMT+01:00) Vila romana de Toralla

(GMT+01:00) Vila romana de Toralla

(GMT+01:00) Vila romana de Toralla

(GMT+01:00) Vila romana de Toralla

CAMELIAS NADAL

(GMT+01:00) Vila romana de Toralla