BANNER XERAIS

Un novo ciclo de concertos en Castrelos busca artistas

O Concello anuncia un novo ciclo de concertos en Castrelos este verán e abre o período de inscrición de bandas que desexen formar parte.

O Pazo de Castrelos

No marco da conmemoración do centenario da doazón do Pazo de Castrelos á cidade, o Concello desenvolve un programa de actividades culturais que inclúe a celebración dun ciclo de concertos ao aire libre nos xardíns. Para iso, abre convocatoria pública para seleccionar as actuacións en réxime de concorrencia competitiva. Os concertos ofrecerán un percorrido polos xéneros musicais que acompañaron a vida do pazo desde 1925, entre outros,como jazz, blues, soul, funk, rock, pop e reggae ou música contemporánea. As actuacións serán os domingos ás 12:30h durante os meses de xuño e xullo e terán unha duración de entre 60 e 90 minutos.

O Pazo do Castrelos foi cedido á cidade de Vigo en 1925 por parte de Fernando Quiñones de León Elduayen, marqués de Alcedo. A acta de cesión foi asinada en París, onde residía o marqués, en decembro de 1921, pero o goce pleno da súa propiedade non tería lugarde inmediato por ser usufruto da marquesa viúva de Mos e de Valadares, Mariana Wythe. De Whythe e outras mulleres relevantes na historia do pazo falamos neste artigo.

Actualmente o edificio recibe o nome de Museo Quiñones de León e alberga unha colección permanente de pintura galega; outra de pintura internacional, na que atopamos un cadro de Goya; unha mostra arqueolóxica que amosa a evolución de Vigo desde o paleolítico e uns exuberantes xardíns de estilo inglés e francés, con pista de tenis incluída.

REVISTA MAIO
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.