VIALIA
bannerPicnicSesions

O Colectivo Faneca busca artistas para a súa “lonxa de arte” de Nadal

O Colectivo Faneca naceu como canle colavorativa entre tres espazos culturais do centro da cidade: Cubo, Muta e Alga. Como primeira “acción” organizarán durante o nadal unha Lonxa de Arte en pequeno formato con obras de artistas vigueses, facilitando a compra de agasallos nestas datas e revitalizando a vida cultural de Vigo.

Mapa coa localización dos tres espazos

Nun breve paseo de cinco minutos polo centro da cidade poderemos pasar diante dos tres locais que forman o Colectivo Faneca: Muta, na rúa Joaquín Loriga; Alga, na Ronda de Don Bosco; e Cubo, en Doutor Cadaval. Coas súas diferenzas, as tres dedican os seus esforzos a promover a arte e a albergar actividades e eventos culturais. Por iso mesmo, nestes tempos tan incertos, decidiron unir forzas.

REVISTA ABRIL

O Colectivo Faneca ten o claro obxectivo de promover a cultura como motor de desenvolvemento local, facendo  participe á cidadanía para estimular e fomentar valores como o traballo colectivo, a axuda mutua, e a defensa dos intereses comúns. E desde esta semana xa sabemos cal será a súa primeira acción.

Durante o nadal terá lugar unha Lonxa de Arte en pequeno formato e prezos accesibles nos espazos Alga e Cubo, na que mostrar e vender o traballo de artistas locais para agasallos de nadal, que teñen un carácter persoal e atemporal, ademais de perdurable no tempo. Este mercado terá lugar entre o venres 18 e o xoves 24 de decembro. Os horarios serán de 11:00 a 14:00 pola mañá (os días 19 e 24) e de 17:30 a 21:00 pola tarde, agás o día 24 que pechará unha hora antes.

Por todo isto, están buscando artistas que queiran participar nesta iniciativa colaborativa. Para participar cómpre enviar un dossier co traballo do artista ao correo colectivofaneca@gmail.com e máis o formulario de inscrición, e o 2 de decemebro comunicarán os admitidos. Os artistas seleccionados, terán que entregar as obras entre os días 7 e o 11. Para consultar as bases, nas que se indican as cuotas, prezos, número e tamaño das pezas, preme aquí.