CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Festival nun Local busca artistas para a súa quinta edición

Festival nun Local abre a convocatoria para participar como artista na súa quinta edición. O chamamento vai dirixido a músicos, bailaríns, poetas, magos, actores e calquera coa capacidade de sorprender ao público, valorándose especialmente as propostas arriscadas e menos ortodoxas. O certame amplía días e barrios para esta edición que se celebrará do 6 ao 10 de novembro.

CAMELIAS NADAL
Madame señorita no Burla Negra | Foto: Jorge Santomé

O luns 23 de setembro Festival nun Local abriu o prazo para que artistas da cidade e a contorna acheguen a súa proposta para a quinta edición do certame vigués. A convocatoria permanecerá aberta durante 2 semanas, ata o 6 de outubro, a través dun formulario na súa páxina web e nela poderán concurrir artistas noveles e consagrados de calquera disciplina con ganas de mostrarse ante novos públicos.

Festival Nun Local é un festival multidisciplinar en Vigo que desde 2014 pretende crear unha plataforma para as artes e os artistas aumentando o espazo dispoñible na cidade para actuar e expoñer, utilizando espazos cotiáns e accesibles, para crear públicos novos e crear experiencias diferentes para ambos lados. Os artistas seleccionados poderán tocar en espazos de todo tipo: desde bares e restaurantes, ata fruterías, peixarías, inmobiliarias e outros locais do pequeno comercio.

Tras o éxito da cuarta edición, na que o Festival celebrouse nos barrios do Casco Vello, Churruca e Casablanca, este ano o certame continúa coa inercia de expandirse pola cidade e ampliará días e zonas. En total, esperáse unha programación composta por máis de 200 artistas, que subiranse a escenarios improvisados en máis de 100 locais espallados por distintos barrios da cidade, creandose un pequeno festival en cada un deles.