Skip to content
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
  • Faite Amovidalover
  • Faite Amovidalover
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
      • A Reconquista
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
CONGRESO MAR
  • Espectáculos_cat

Un espectáculo que berra por un espazo propio para a muller

Publicado o 3 Maio, 2018 por David González

Onte tivemos a oportunidade de gozar en Vigo dunha representación teatral baseada no texto ensaístico ‘Una habitación propia’ de Virginia Woolf da man de Clara Sanchis. A obra chegou a Vigo como unha aposta arriscada por levar a escena un dos textos máis “aparentemente sinxelos” da teoría feminista e remata amosando que nas súas bases hai moito de teatral.

Clara Sanchis encarnando á escritora Virginia Woolf | culturamas.es

Teño que recoñecer que tiven pesadelos coa posible representación deste texto. A conferencia de Virginia Woolf non é un texto moi sinxelo de tratar pola escuridade que a literariedade verte sobre unha mensaxe que non é tan obvia como se pensa. É dicir, e para entendérmonos, que este texto é sinxelo ten tanto de falsa crenza como que Hamlet recita o seu famosísimo monólogo cunha caveira na man ou que Frankenstein é o nome da criatura da novela de Mary Shelley. Con todo isto, eu temía que o texto eliminase ese contido polémico dende o punto de vista do xénero, esas mensaxes que non están tan claras ou eses dobres sentidos que existen nun texto tan gabado como criticado dende a teoría feminista.

ESCENICAS

BARAFUNDA

A proposta de Clara Sanchis é inesperadamente conservadora e amosa o froito dun estudo profundo do texto, do que escolle os elementos máis interesantes para expor nesta pequena conferencia. O experimento logra dar máis a sensación da propia conferencia de Woolf que dun monólogo dramático de máis dunha hora de duración. Pese a todo penso que aínda que o comezo o puritanismo respectase ó máximo, de cara ó final vaise simplificando máis o texto e perde un pouco ese atractivo literario. Coido que esa decisión depende máis da intención de achegar con maior efecto a reflexión ó espectador pero é tamén é certo que tamén se ven as “costuras”.

Clara Sanchis está fantástica en escena. Nótase que é un traballo baseado na paixón da propia intérprete polo traballo da autora británica e que hai moito máis de persoal e de crenza na utilidade do mesmo que de afán lucrativo. É necesario sinalar que introduce na escena un piano co que interpreta pequenas pezas musicais coas que pretende plasmar os seus sentimentos en melodías. Penso que se usa con acerto en moitas ocasións, máis noutras resposta a unha transición marcada entre “escenas” que fai que a sensación de diálogo desapareza e recuperemos a sensación das limitacións que ofrece a lectura dun texto fronte ó teatral.

A composición do escenario resume a idea do necesario dun lugar propio para a muller. Un espazo privado dende o que poder construír e poder gañar a vida por ela mesma. Un espazo de liberdade creativa e tamén de autorecoñecemento como entidade completamente autónoma. Penso que a rixidez deste escenario baleiro amosa a inexistencia de referentes femininos cos que encher este “cuarto” e tamén a necesidade de esa soidade que permite crear un discurso inspirado na propia individualidade para transmitir ó colectivo.

Neste espectáculo non se busca unha catarse colectiva, igual que tampouco no texto de Woolf. Acerta Clara Sanchis reproducindo no discurso o estilo no que remata a conferencia da británica e engrandece un pouco máis a potencia da mensaxe. Os espectadores asisten a un constante bombardeo de reflexións ocultas no literario e que na meirande parte do espectáculo a actriz non glosa. Unha homenaxe teatral á altura dun dos textos máis icónicos e polémicos do feminismo.

The following two tabs change content below.
  • Bio
  • Últimos posts
My Twitter profileMy Facebook profileMy Instagram profile

David González

É graduado en lingua e literatura española pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente cursa un máster dedicado a formación e investigación literaria e teatral no contexto europeo na UNED. Ten coñececementos de varias linguas, participa e dirixe iniciativas culturais, colabora con distintas editoriais e participa en xurados de premios literarios. Na súa bitácora persoal 'Palabra de Gatsby' exerce a crítica literaria e teatral. Un proxecto en continua revisión coa intención de amosar o seu amor polas letras. www.palabradegatsby.com
My Twitter profileMy Facebook profileMy Instagram profile

Últimos posts de David González (ver todos)

  • Antonio García Teijeiro: “Ás crianzas gústalles a poesía. Quen lle teñen medo son os adultos” - 3 Xaneiro, 2022
  • María Alonso: “A maioría da xente emigrada pasouno moi mal, pero non queren compartilo” - 27 Novembro, 2021
  • Francisco Castro: “Debemos reivindicarnos como homes feministas” - 29 Outubro, 2021
  • Elena Medel inaugura este venres o PoemaRia - 27 Xuño, 2018
  • O reality show de Valle Inclán - 23 Xuño, 2018

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Sés: “Unha muller que fala claro é unha muller arrogante”
  2. ‘Muller x muller’ inaugura a sala de exposicións Maruja Mallo
  3. Alberto Avendaño, escritor e xornalista: «Galicia é un país ao que lle custa moito valorar o propio»
  4. High Paw: «Unha muller que entra nun grupo ten que deixar de ser vista como un ser fodible»
Clara Sanchís feminismo monólogo teatro Teatro García Barbón Una habitación propia Virginia Woolf

Hoxe móvese

xuño

Vigo36201 Vigo, Pontevedra

08xuñTodo o día11Festa do CineACTIVIDADES PARA O COCO | 3,50 €(Todo o día)(GMT+02:00) Vigo

Tinglado del Puerto de VigoEstrada Porto, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

10xuñTodo o día12Festival de Series Ría de VigoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Tinglado del Puerto de Vigo

Museo MarcoRúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

10xuñ15:00Jéssica PinaCONCERTOS | De balde15:00(GMT+02:00) Museo Marco

Museo MarcoRúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

10xuñ20:00Club Faro: Selena MillaresACTIVIDADES PARA O COCO |De balde20:00(GMT+02:00) Museo Marco

TODOS OS EVENTOS
TODAS AS EXPOSICIÓNS
ESCENICAS

Axenda pequerrechos

xuño

Biblioteca Xosé Neira VilasAvenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

12xuñTodo o díaFesta de pixamas para peluchesPEQUERRECHOS |De balde(Todo o día: venres)(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Biblioteca Xosé Neira VilasAvenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

12xuñ18:00Entre arrolos e contiñosPEQUERRECHOS |De balde18:00(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Fnac VialiaPlaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

13xuñ12:30FnacritmosPEQUERRECHOS | De balde12:30(GMT+02:00) Fnac Vialia

Biblioteca Xosé Neira VilasAvenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

15xuñ18:30Contacontos: `O año que é un porquiño´PEQUERRECHOS |De balde18:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
ESCENICAS
X