CAMELIAS MASCOTAS

Última semana para participar no concurso Xuventude Crea

O 19 de agosto remata o prazo para participar no Programa Xuventude Crea para este 2020, convocado pola Consellería de Política Social. Todas as persoas entre 16 e 30 anos poderán presentarse ás categorías de Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro e Videocreación.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 19 de agosto de 2020.  Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2020.

Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.

REVISTA NOVEMBRO

As categorías nas que se pode participar son multitude: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro, Videocreación. Por tanto, establécense dúas categorías novidosas con respecto a edicións pasadas, que son Creación de videoxogos e Novela curta. Salvo no caso das de teatro, música, graffiti, creación de videoxogos, cociña e danza moderna, a participación será sempre a título individual.

As tres persoas vencedoras en cada disciplinan serán agasalladas cun premio en metálico de 3000, 1500 e 1000 euros, respectivamente. Para consultar as bases completas do concurso podes premer aquí.

Podes ler as entrevistas que lles fixemos a dous gañadores de pasadas edicións: Xermán Bugallo, gañador na categoría de música no 2019 e Patricia Crujeiras, galardonada co primeiro premio en moda na edición de 2018.