REVISTA ABRIL

The Wild Cinema convida a participar con filmes sobre natureza e sustentabilidade

O festival The Wild Cinema, abre o prazo para a recepción de obras audiovisuais con temática de natureza, aventura e sustantibilidade. The Wild Cinema forma farte do festival The Wild, que se celebra do 5 ao 7 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia.

The Wild Cinema 2024 | Foto: Paula Cermeño

Este evento cinematográfico único distínguese polo seu enfoque en temáticas de natureza, aventura e sustentabilidade e nas súas seis anteriores edicións proxectou curtametraxes  e longametraxes nominadas nos premios Goya e Óscar e seleccionadas en certames de referencia como Wild & Scenic Film Festival de California, e o BANFF Mountain Film Festival de Huesca.

The Wild Cinema é parte da ecléctica programación de The Wild, que se celebra en San Miguel de Oia (Vigo) os días 5, 6 e 7 de setembro, no que tamén teñen lugar concertos, actividades deportivas e espectáculos familiares. A aposta polas proxeccións de cine dentro da programación convirte a The Wild nun festival único dentro do panorama de festivais en Galicia. As proxección lévanse a nunha gran pantalla led no merendeiro do Parque Forestal, ofrecendo unha experiencia cinematógrafica diferente e ao aire libre.

O prazo de presentación de filmes está aberto ata  o 30 de xuño de 2025 a través do formulario dispoñible na web e a plataforma Festhome. Como en anos anteriores, as curtametraxes proxectadas optan a tres premios: Gran Premio The Wild Cinema, á mellor longametraxe; Gran Premio The Wild Cinema, á mellor curtametraxe e Premio Esperanza, ao mellor filme medioambiental.

As pezas presentadas deberán ter unha duración máxima de 30 minutos para as curtas e 150 minutos para as longas. Aceptaranse traballos realizados no ano 2023 ou posterior. As obras presentadas deberán respectar a igualdade, a diversidade e a non discriminación e ter como eixo temático central a natureza, fauna, ameazas medioambientais, activismo ecolóxico ou deportes de aventura e montaña. As obras en calquera lingua diferente ao castelán ou galego deberán incluír subtítulos en calquera destas dúas linguas.

REVISTA ABRIL
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.