COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

O Mercantil renóvase e convida aos vigueses a formar parte del

O Mercantil renace con enerxías renovadas. Tras o cambio de directiva o pasado mes de xaneiro, o Círculo Mercantil está a acometer unha serie de cambios para modernizarse e achegarse aos vigueses. Quere converterse nun referente nas opcións de ocio familiar e no impulso aos deportes base. Co obxectivo de que os vigueses se acheguen a coñecelo acaban de lanzar unha promoción pola que ser socio do club en xuño é gratuíto.

O Círculo Mercantil está na memoria da maioría dos vigueses, aínda que de ben seguro moitos nunca atravesaron as súas portas. O club lanza unha atractiva promoción pola que todo aquel que o desexe pode converterse en socio do Mercantil e gozar das súas instalacións e servizos sen pagar un euro durante todo o mes de xuño. Unha oferta que non implica permanencia algunha e que é unha boa oportunidade para coñecer a renovación que está a sufrir o emblemático complexo. Dúas son as grandes apostas desta nova directiva. A creación do Mercantil Park un gran espazo de actividades a cuberto para nenos e mozos de entre 0 e 18 anos e a remodelación dun dos pavillóns para a práctica de todo tipo de deportes.

Para toda a familia

O recen inaugurado Mercantil Park é a proposta do club para o público familiar. O espazo está divido en catro zonas de xogo por idades. A zona infantil dirixida aos máis cativos está dotada dun parque de bolas, cama elástica, xogos de construción, un gran escenario con moitos instrumentos, área de debuxo, patinetes e moitos outros xogos cos que poden dar renda solta a súa imaxinación. Os rapaces máis maiores teñen a súa disposición unha ampla zona na que atoparán un campo de fútbol indoor, ramplas de skate, futbolines, mesas de pin pon, billar e unha gran variedade de xogos de mesa. A terceira zona é a sala gamers, na que os rapaces poden xogar a videoxogos nos mellores equipos gamer e conducir nun simulador de coches. Completa a oferta, un gran circuíto na zona exterior no que os nenos poden circular cos coches do Mercantil ou nos seus propios.

Pistas deportivas, piscinas e actividades

Todo aquel que se aproveite da oferta de xuño poderá facer uso das instalación do Mercantil Park e de todos aqueles outros espazos e servizos dos que dispón o club como son as pistas de tenis e pádel, o campo de fútbol, o ximnasio e as tres piscinas exteriores (unha delas olímpica) que permanecen abertas durante a época estival. Tamén se pode tomar parte do grupo de adestramento diario Mercantil Fitness que durante a fin de semana amplía a oferta con actividades de pilates, body tonic ou GAP.

A outra gran aposta do club é a creación de escolas deportivas para dar apoio aos deportes base. Están a remodelar un dos seus pavillóns que na próxima tempada se empregará no adestramento de distintas disciplinas como baloncesto, fútbol sala, bádminton ou patinaxe.

SONRIAS

Máis información e inscripcións na páxina do Círculo Mercantil.