CAMELIAS MASCOTAS

Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo

Música e teatro son as opcións cultrais que predominan nas findes chuviosas. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

FESTIVAL 8PÉS – De xoves a sábado na Igrexa da Colexiata – De balde

O programa do “8 pés” terá como protagonista indiscutible o único órgano en activo nun templo da cidade: o órgano Alberdi, de 1909, restaurado en 2017 por Federico Acitores. Xoves, venres e sábado haberá concerto ás 21:00h no órgano.

CONCERTO DE ABRIL – Venres ás 19:30 h na Sede Afundación – De balde

Concerto no marco do proxecto Simultánea para celebrar o Día Internacional da Música. Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura.

ESPECTÁCULO ‘ALICE’ – Venres a domingo no Teatro Afundación – Desde 24,20 €

Espectáculo de danza contemporánea, acrobacias e proxeccións da compañía MOMIX. Alice é unha adaptación libre do clásico da literatura infantil Alicia no país das marabillas. 

TEATRO ‘FEMINÍSSIMAS’ – Venres ás 20:00h no Auditorio Municipal – 5,00 €

Unha cómedia negra moi violeta sobre un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e posfeminisimo. Dentro do ciclo Vigocultura.

CONCERTO DE STONED AT POMPEII – Venres e sábado ás 22:00h na Sala Master Club

A banda viguesa presenta o seu novo disco, Blissphony, cunha dobre data na Sala Master e acompañados polos sevillanos The Mün.

TEATRO PLAYBACK – Sábado ás 12:30h na Morada – Caixa inversa

Espectáculo no que se epresentan en directo as historias do público a través da improvisación teatral. O Teatro Playback é un teatro social que afonda nas nosas narrativas persoais, para compartilas, comprendernos mellor, recoñecernos nelas e ser partícipe dunha forte conexión humana.

DANZA ‘CEIBE’ – Sábado ás 20:00h no Auditorio Municipal – 5,00 €

Despois do éxito de DeMente, Fran Sieira Compañía de Danza presenta unha peza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre o xénero e a nosa tradición. Ceibe afonda en como o xénero está presente en diferentes ámbitos, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional. Dentro do ciclo Vigocultura.

TEATRO ‘NON PASARÁN’ – Sábado e domingo ás 20:00 h na Sala Ártika – Desde 13,00 €

A compañía Ártika estrea o seu novo espectáculo, que xorde como unha resposta creativa e comprometida ante os desafíos políticos e sociais do noso tempo. 

QUEEN FOREVER TRIBUTE – Sábado ás 20:00h no Auditorio Mar de Vigo – Desde 33,00 €

REVISTA NOVEMBRO

 Rememorando os mellores momentos na historia de Queen, como Live Aid, Montreal, Ao vivo at Wembley, Queen Forever son a viva imaxe de Mercury e os seus no escenario, desde a súa formación no 2015, coidando os dertalles en vestiario, posta en escena e arranxos musicais.

CONCERTO DE PROSMAS + SEITURA – Sábado ás 21:00h na Sala Kominsky – Desde 8,00 €

Dobre concerto de punk rock bravú galego na sala Kominsky.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.