VIALIA
PLAYDOC

Stoned at Pompeii e Lontreira poñen música á gala dos Premios Maketón

Este sábado 27 o Sinattra Club acolle os 23º Premios Maketón, as galardóns da nosa música. A gala comeza ás 21:00 co concerto de Lontreira, ao que lle seguirán a entrega de premios e o recital de Stoned At Pompeii. A entrada é de balde.

Algúns dos artistas nominados e Salva Ronko durante a presentación | P. Vázquez

Xa son 23 os anos que pasaron desde aquela primeira festa do Maketón no Sete Mares co concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos. Este sábado 27 de xaneiro a festa terá lugar no Sinattra Club a partir das 21:00, coa tradicional entrega de premios aos proxectos vigueses máis destacados do 2023 e os concertos de Lontreira e Stoned at Pompeii.

O mércores pola mañá presentaron na cafetería El Castro aos nominados das diferentes categorías:

MELLOR DISCO AUTOEDITADO

KYOTTO: “Por si no vuelvo a casa”
WÖYZA & THE GALICIAN MESSENGERS: “Wöyza & the Galician Messengers”
ZÄLOMON GRASS: “Space Opera”
LONTREIRA: “Apnea”
CUBO METÁLICO: “III0II0II000II0IIII…..”

Wöyza | P. Vázquez

MELLOR DISCO

SEN SENRA: “PO20254AZ (Vol. 1)”. SONIDO MUCHACHO & UNIVERSAL MUSIC SPAIN.
LOS MARCIANOS: “Cápsula de evasión”. CLIFFORD RECORDS
DANI: ”Posdata”. EL VOLCÁN MÚSICA
IVÁN FERREIRO: “Trinchera Pop”. WARNER MUSIC SPAIN
IGLOO: “Planes para días grises”. LA ALIANZA REBELDE PRODUCCIONES

dani actuando no TerraCeo en 2020 | P. Cermeño

MELLOR DIRECTO

TREINTAÑERAS CAÑERAS
SILA LÚA
OS VACALOURAS
FAMILY FOLKS
FILLAS DE CASSANDRA

Family Folks | P. Cermeño

MELLOR PRODUTOR
Este ano tamén incorpora técnicos de son

JAVIER VICALO. (DUB YARD Estudios)
PACO SERÉN. (ECLIPSIS Estudios)
JAVIER ABREU. (Estudios ESTEROARTE)
ADRI “Bocas”. (Sala MASTERCLUB )
OMY CID. (OMY CID Estudios)

MELLOR VIDEOCLIP (preme para velos)

REVISTA MAIO

GANJAHR FAMILY: “Feel like Iago”. Dirixido por Yei Philip.
CHUNGO PASTEL: “Musgo”. Dirixido por Santiago Iglesias.
THE MIRROR: “Arde”. Samain Producciones.
BROKEN PEACH: “¿Quién dirá qué no?”. Dirixido por Broken Peach e Jacobo Areal.
KYOTTO: “Noche de Halloween”. Dirixido por Yago Cobain (Y.C.).

Chungo Pastel | P. Vázquez

PREMIO Á TRAXECTORIA

BERNARDO VÁZQUEZ (The Refrescos, The Gambas…)
NOSTROMO (Grupo de rock que celebra o seu 30 aniversario)
ABRAHAM BOBA (León Benavente)
FON ROMÁN (Piratas)
TONO ALCALDE (Guitarrista)

Abraham Boba (dereita) con León Benavente | P .Vázquez