Sorteo de dúas entradas para ver a Enrique San Francisco
Unha vez máis queremos celebrar cos nosos seguidores que xa somos máis de 6000 en Facebook e sorteamos dúas entradas para ver a Enrique San Francisco. O humorista, monologuista e actor está de xirá e fai parada na nosa cidade co seu show La Penúltima o 14 de decembro ás 21 horas no Cine Teatro Salesianos.
Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook e darlle gústame nesta publicación.
O prazo para participar e ata o martes 4 de decembro 12 da noite, o mércores 5 coñeceremos o nome da persoa premiada.
Sobre ‘La Penúltima’ de Enrique San Francisco
Humorista, monologuista e actor. Rogelio Enrique San Francisco Cobo, coñecido polo público como Quique San Francisco, chega por tódolo alto co seu novo espectáculo, onde o seu inconfundible humor acedo e gamberro faranos pasar unha noite de risas.
Neste novo espectáculo, Quique mostrará o seu lado máis humano e nos fará un repaso por tódalas súas interminables inquietudes da vida que nos acontece. Unha lenda vivinte que non podes perder.
O CONCURSO
Como participar:
Para poder participar no concurso é preciso:
- Ser seguidor en Facebook de @amovidavigo
- Darlle gústame no Facebook de @amovidavigo á publicación do sorteo.
- O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 4 de decembro ás 12 da noite.
- Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos
Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu perfil de facebook; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.
O premio:
Sortéanse dúas entredas para o show La Penúltima de Enrique San Francisco. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.