REVISTA MARZO

Sorteo de dúas entradas para ver a Álex O’Dogherty

Traemos unha nova oportunidade para conseguir entradas para o espectáculo que dará o cómico Álex O’Dogherty no Cine Teatro Salesianos o 4 de outubro ás 21.00.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.

Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVER. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxes e subscribirte neste link.

O prazo para participar é ata o domingo 29 de setembro ás 12 da noite. O luns 30 de setembro coñeceremos o nome da persoa premiada.

SOBRE O EVENTO

Álex O’ Dogherty é un dos artistas máis completos da escena deste pais. Actor, cantante, músico multinstrumentista, presentador… pero sobre todo cómico, e esa é a faceta que gozaremos nesta segunda edición do Vigo Comedy no Teatro Salesianos.

En ‘Cosas de esas’, como o seu propio nome indica, mestura unhas cousas que fixo noutros espectáculos con outras cousas que nunca fixo e que probablemente non volva facer. O mellor do peor do seu amplo repertorio: monólogos, cancións, tolemias, xogos co público…

Álex fará que o público asistente ría , cante e ata xogue…un show que non esquecerás facilmente.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • Comentar con quen irás no caso de ser afortunado/a.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 29 de setembro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Instagram ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador/a das dúas entradas será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el/ela mediante o medio co que participe; se nun prazo de 48 horas non contestara procederíamos a facer un novo sorteo.

Banner A Movidiña

O premio:
Sortéanse unha entrada dobre para ver a Alex O’Dogherty no Teatro Salesianos o 4 de outubro.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook, Instagram ou Twitter non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.