Skip to content
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • A Reconquista
      • Entroido
      • Nadal en Vigo
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
OV430
  • Espectáculos_cat

Enrique San Francisco: “Estou tolo por ver a iluminación de Vigo”

Publicado o 13 Decembro, 2018 por Pablo Vázquez

A súa é unha das caras máis recoñecibles do audiovisual estatal. Cuéntame, Gym Tony, El Hormiguero, Amanece que no es poco… son algunhas das series, programas e películas nas que puidemos ver a Enrique San Francisco, que este venres visita o Teatro Salesianos co seu monólogo ‘La Penúltima’. Podedes mercar as entradas aquí. 

Que podemos esperar do teu novo monólogo ‘La Penúltima’?

O monólogo que vou facer é sobre o tema dos veciños, sobre as relacións coas mulleres antes do periodo Xurásico, que era cando eu era novo, e tamén falarei sobre a Garda Civil.

Da Garda Civil?

Si, entre outras cousas, e non che adianto nada máis que senón o conto todo.

Co título deste show, queres dicir que xa estás a pensar na última ou aínda é moi cedo?

Aínda é moi pronto, home! ‘La Penúltima’ soa un pouco a título mortuorio. É un título que se inventaron co que eu non estaba de acordo porque me parece pouco orixinal. Por outro lado, está ben porque xa sabes que a penultima é a que nunca se acaba.

É un bo momento o actual para facer comedia en España?

Eu creo que é o mellor momento, dada a comedia que fan os políticos e demais… si, claro.

Con todos os feitos ocorridos nos últimos meses, cres que está a haber unha especie de persecución á comedia?

Eu traballo nun medio que, como a miña nai, é de esquerdas. Unha cousa é ser de esquerdas e outra é formar parte dunha esquerda fundamentalista, e iso é o que non se pode permitir.

Despois dunha vida dedicada á comedia, que fai rir a Enrique San Francisco?

Ver e observar as cousas cotiás. Eu os meus monólogos sácoos dunha realidade que despois esaxero. Despois teño amigos con moito sentido do humor que contan chistes moi bos. O sentido do humor é fundamental.

Es un dos humoristas máis veteranos do país. Hai algún cómico novo que che guste especialmente?

Gústanme moitos. Novos non sei, porque non vexo moito a televisión, a verdade. Hai moitos monologuistas que me gustan, como por exemplo Leo Harlem ou Verónica Forqué. Moitos, moitos… e despois hai outros que non me gustan absolutamente nada, pero eses non os vou dicir.

Vendo a túa traxectoria, ata fai uns anos traballabas tanto en cinema como en televisión, mais ultimamente pareces máis centrado na tele. A que se debe isto?

Aínda que agora fago televisión, tamén participo na última película de Santiago Segura, Sin Rodeos. E agora fixen outra con Hovik Keuchkerian, Jean Reno e Arturo Valls. Vaise estrenar o 18 de marzo. Xa está comprada por Netflix, pero é de produción española. Ademais o papel que fago é dramático, non ten nada que ver cos monólogos. Eu non son humorista, eu son actor. Un actor ten que saber producir humor.

Xusto ía preguntarche agora por esa película, 4 Latas. Que máis nos podes contar dela?

Pois a verdade é que nada, é un secretismo. O outro día aínda estiven a gravar as voces en off e polo visto quedou incrible. Pero non che podo decir máis porque non a vin proxectada nin nada. Pronto farán un pase para os que fixemos o filme. Supoño que en internet atoparás máis información, aínda que eu fun mirar e había moi pouca. Non hai tráiler nin nada aínda.

Tamén tes participado poñendo voz en proxectos máis independentes como La crisis carnívora ou Psiconautas, los niños olvidados, do galego Alberto Vázquez. É un mundo que che atrae o da dobraxe?

Gústame moito o mundo da dobraxe e dos debuxos. O cine de animación gustoume desde sempre. Eu quería facer cousas dese estilo pero custa unha de cartos… Moitísimo máis caro que un filme normal, é un traballo moi arduo. Teño en mente un proxecto que estamos a mover para facer unha serie de debuxos.

E non se pode contar nada máis sobre este proxecto?

De momento non, pero agardo que pronto. A min encantaríame levalo a cabo, pero o problema é a financiación. É moi caro facer unha peli de animación, ben feita claro. Se a fas con flash ou así pois non, pero eu falo de algo ben feito.

Non sei se xa coñecías Vigo anteriormente. Vas aproveitar para dar un paseo e ver a iluminación do Nadal?

Como non vou coñecer Vigo? Se ti aínda non naceras cando eu estaba por aquí. A primeira vez que fun debeu ser fai 30 anos ou así, e teño 63. Ademais encántame Vigo. Sobre as luces, pois por suposto. Por onde non vou pasear é por Madrid, se ves a iluminación que hai por aquí… semella que tiraron as bombillas desde un sexto andar. Eu comprendo o da austeridade, a que non teñen os políticos por outro lado, pero non para que os cidadáns non podamos gozar dun Nadal cunha boa iluminación. O de Madrid é patético. Por min que viva Vigo! Paréceme marabillosa a idea do alcalde. Ademais estou contento porque creo que foi ata rendible e todo, o cal alédame. Polo visto Vigo está a recaudar moito coa iluminación. Estou tolo por vela. Eu lémbrome do Nadal na miña infancia e daba gusto.

Teatro SalesianosRúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

01xan00:0000:0000:00 - 00:00(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Hora

1 xaneiro, 1970 00:00 - 00:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events
REVISTA NADAL
The following two tabs change content below.
  • Bio
  • Últimos posts
My LinkedIn profileMy Vimeo channel

Pablo Vázquez

Xornalista cultural, fotógrafo e musiqueiro. E vigués. Director de tres documentais e coautor de Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século.
My LinkedIn profileMy Vimeo channel

Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)

  • Pecha a Galería Maraca, referente cultural do Vigo underground - 15 Xaneiro, 2026
  • A artista viguesa Macarena Montesinos colabora con The Doors polo seu 60º aniversario - 14 Xaneiro, 2026
  • O máis destacado da música galega en 2025 - 27 Decembro, 2025
  • Novidades musicais viguesas para rematar o ano: Iván Ferreiro, Marta Vidal, Noar ou Vimbio - 19 Decembro, 2025
  • O fotógrafo vigués Jorge Lens rescata nun libro os rótulos das nosas vidas - 28 Novembro, 2025

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Sorteo de dúas entradas para ver a Enrique San Francisco
  2. Natalia Lacunza: “Cando estou mal non estou lista para compoñer, as cancións saen máis tarde”
  3. Angel Martín, el Sevilla e Enrique San Francisco actuarán este outono nos Salesianos
  4. Yago Alcover (Mujeres): “Recomendaría á xente que traia tapóns e unha camiseta limpa, porque vai ser moi tolo!”
cine salesianos comedia Enrique San Francisco Enrique San Francisco en Vigo humor iluminación Vigo La Penúltima luces de vigo monólogo Nadal en Vigo Navidad Vigo quique Quique san francisco teatro Teatro Salesianos

Hoxe móvese

xaneiro

Praia de SamilPlaya de Samil 36212

28nov(nov 28)16:3001feb(feb 1)22:30Pista de Xeo e Karts de SamilACTIVIDADES DEPORTIVAS |(novembro 28) 16:30 - (febreiro 1) 22:30(GMT+01:00) Praia de Samil

MARCOMuseo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

21xan20:00Club Faro: Blanca García-OreaActividades para o coco | De balde20:00(GMT+01:00) MARCO

Bendito NopalR. de Luis Taboada, 6, 36201 Vigo, Pontevedra

21xan21:00Micro aberto: Chingón XXIXEspectáculos| 5,40€21:00(GMT+01:00) Bendito Nopal

Instituto de Investigación Sanitaria Galicia SurHospital Álvaro Cunqueiro - Bloque Técnico - Planta 2 Estrada Clara Campoamor nº341

22xan10:00Ciencia con experienciaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00(GMT+01:00) Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

TODOS OS EVENTOS
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

xaneiro

Biblioteca Xosé Neira VilasAvenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

23xan18:00A hora dos contosPequechos |De balde18:00(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Mi Rincón FavoritoRúa Angel Llanos, 14 Coia, 36209 Vigo, Pontevedra

23xan18:30Contacontos: 'Una sorpresa ruidosa'PEQUECHOS | De balde18:30(GMT+01:00) Mi Rincón Favorito

CEIP CarrasqueiraRúa Da Carrasqueira, 0, 36331 Vigo, Pontevedra

24xan10:30Atípico Circo: clases de circoPEQUERRECHOS | 15,00 €10:30(GMT+01:00) CEIP Carrasqueira

Museo do MarAv. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

24xan11:30Mini artistas no Xapón. Obradoiro de Ukiyo-EPEQUERRECHOS | Varios11:30(GMT+01:00) Museo do Mar

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
X