REVISTA ABRIL

Sorteo de dúas entradas para ‘Monólogos Interruptus’

A Movida está de noraboa. O primeiro número da revista en papel acaba de saír á luz. Para celebralo sorteamos dúas entradas para ‘Monólogos Interruptus’. Un espectáculo humorístico no que participan Dani Rovira, JJ Vaquero e Iñaki Urrutia que se celebrará o 2 de novembro no Auditorio Mar de Vigo.

Para participar no sorteo so tes que sacar unha foto onde apareza a nosa revista e etiquetar A Movida nalgunha das nosas redes sociais: Facebook, Twitter ou Instragram @amovidavigo. Se fas unha foto orixinal e ben bonita, quedaremos agradecidas e se a creatividade non é o teu, non hai problema, participarás de igual maneira no sorteo. 

Podes atopar a revistar en máis de 160 lugares de Vigo. Consulta o noso mapa aquí.

prazo para participar é ata o domingo 16 de setembro ás 12 da noite, o luns 17 coñeceremos o gañador ou gañadora das dúas entradas.

Sobre ‘Monólogos Interruptus’

Tres cómicos da mesma xeración enfróntanse a unha noite de monólogos, na que o cómico que esta facendo o monologo poderá ser interrompido polos outros dous. Algunha vez con intención de puntualizar, algunha outra con intención de complementar e a maioría das veces coa única intención de tocar os collóns, porque para que nos imos a enganar, se estes tres tipos preocupásense polo próximo, farían bolos de vento, non monólogos.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor de A Movida nalgunha das nosas redes sociais.
  • Publicar no teu perfil da rede social que elixas unha foto onde apareza a revista e etiquetarnos @amovidavigo.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 16 de setembro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto co gañador ou gañadora mediante a rede social coa que fixo a publicación da fotografía; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse dúas entradas para o espectáculo ‘Monólogos Interruptus’ no Auditorio Mar de Vigo o venres 2 de novembro. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook, Twitter e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin está asociado a ela.