Sorteo de dúas entradas dobres para o concerto de Villanueva
O músico vigués interpretará por primeira vez na súa cidade o cuarto traballo de estudo ‘ Cuarto de invitados’. A cita é este sábado, 15 de febreriro, a partir das 21h na Sala Mondo Club e sobre o escenario tamén estará a banda Maldito Murphy. A Movida sortea dúas entradas dobres para asistir ao concerto.
SOBRE O EVENTO
Josete Villanueva ten novo disco desde hai uns meses e este sábado 15 poderemos escoitalo por primeira vez en vivo na nosa cidade. O artista vigués subirase ao escenario da Sala Mondo xunto cos seus amigos de Maldito Murphy, que serán os encargados de abrir esta gran noite de música. Podedes ler aquí a entrevista que lle fixemos antes desta data tan especial.
O CONCURSO
Como participar:
Para poder participar no concurso é preciso:
- Premer gústame na publicación en Facebook ou Instagram
- Etiquetar en comentarios á persoa con que che gustaría ir ao concerto
- Os subscritores de a Movida entran automáticamente neste e todos os sorteos, sen necesidade de realizar as accións descritas.
- O prazo para participar no concurso estará aberto ata o venres 14 de xaneiro, ás 18h.
- Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos.
Gañador/a:
O gañador/a será elixido mediante sorteo aleatorio. Anunciaremos o gañador nas publicacións o venres 14 de xaneiro e poñerémonos en contacto con el/ela a través de mensaxe directa na rede social pola que participou ; se nun prazo de 12 horas non contestara, procederíamos a facer un novo sorteo.
O premio:
Dúas entradas dobres para o concerto de Villanueva + Maldito Murphy o sábado 15 de xaneiro de 2020 na Sala Mondo Club
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.