ASNEVES
REVISTA MAIO

Sorteo de dúas entradas para As Baloutas Fest: Remember Queen

Dous seguidores de A Movida poderán ir gratis a As Baloutas Fest o próximo venres 10 de maio. Será no campo de fútbol da Unión Deportiva Mos e poderemos asistir a unha homenaxe a Freddie Mercury e á súa banda da man dos italianos Remember Queen .

As Baloutas Fest, é o festival musical para toda a familia que xermina da man da Unión Deportiva Mos e promoven o Concello de Mos e a Xunta de Galicia, que se celebrará o vindeiro venres 10 de maio no campo de fútbol de Mos, a partir das 19:00. Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.

Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVER. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxesneste link.

O prazo para participar é ata o domingo 28 de abril ás 12 da noite. O luns 29 de maio coñeceremos os dous nomes das persoas premiadas.

SOBRE O EVENTO

As Baloutas Fest é un festival que nace co obxectivo de facer gozar tanto a adultos como a crianzas dun extraordinario espectáculo ao aire libre, acompañado dunha zona de restauración cunha variada oferta gastronómica de foodtrucks e amenizada con DJs picando a mellor música pop rock dos 70, 80 e 90. E por se quedas con ganas de festa, tras o concerto seguirán os DJs poñendo a mellor música para facer que movas o esqueleto.

O prato forte da noite será o concerto dos italianos Remember Queen, un tributo á banda británica liderada por Freddie Mercury. Un espectáculo poderoso que conta cun longo percorrido e unha consolidada experiencia, utilizando a formación exacta, xunto a dez pezas de vestiario e incluíndo unha selección de vídeos de Queen durante todo a performance que servirán para repasar os mellores momentos da banda, que curiosamente está a vivir unha segunda etapa dourada sen o seu líder.

Ademais do xa mencionado, haberá programa de radio en directo da man da emisora local Single Radio, evento que será presentado por Antonio Varela, Javier Presley e Agustín Gus, os cales amenizarán o evento para o público asistente e aqueles que se atopen na zona de restauración.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo á publicación do sorteo.
    • Ligazón á publicación en Facebook
    • Ligazón á publicación en Instagram
    • Ligazón á publicación en Twitter
  • Comentar con quen irás no caso de ser afortunado/a.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o domingo 28 de marzo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Instagram ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras das dúas entradas serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu perfil da rede social na que participe; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortéase dúas entradas de acceso a As Baloutas Fest: Remember Queen.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.