REVISTA ABRIL

Sorteamos dúas entradas dobres para a nova entrega do ‘Máis que blues’

Un dos maiores exponentes do Blues Rock, Ash Grunwald, dos últimos tempos pechará a súa xira española na nosa cidade. Será o próximo 15 de marzo na Sala Rouge para formar parte do ‘Mais Que Blues: Ciclo internacional de Blues’ e poderás gozar do concerto sen gastar un peso grazas ao noso sorteo.

SOBRE O EVENTO

Ash Grunwald  estará o vindeiro 15 de Marzo pechando a sua xira española en Vigo, e dentro do Máis Que Blues 2020. Ash, a pesar da sua aparente xuventude, é un dos maiores exponentes do Blues Rock dos últimos tempos. Nado en Australia, virá ata Vigo para presentar as canción do seu noveno  álbum de estudio “Mojo“, o primeiro disco tras fichar por Bloodlines Music, eloxiado por toda a prensa especialista e que foi gravado entre a sua Australia natal e USA, tendo entre outros a colaboración de Kim Wilson (Fabulous Thunderbirds), Teŕry Evans (Ry Cooder),Teskey Brothers ou Joe Bonamassa.

Mojo é un disco cheo de Blues en todos os seus matices, dende o son mais tradicional e poético ata o mais eléctrico e bailable. Virá en formato trío, eléctrico e contundente… será sen duda unha verdadeira explosión de enerxía  que non deberías perderte por nada do mundo.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Premer gústame na publicación en Facebook, Instagram ou Twitter.
  • Etiquetar en comentarios á persoa con que che gustaría ir ao concerto.
  • Os subscritores de A Movida entran automáticamente neste e todos os sorteos, sen necesidade de realizar as accións descritas.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o xoves 12 de marzo, ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos.

Gañador/a:
O gañador/a será elixido mediante sorteo aleatorio. Anunciaremos o gañador o venres 13 de marzo e poñerémonos en contacto con el/ela a través de mensaxe directa na rede social pola que participou ; se nun prazo dunhas horas non contestara, procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Dúas entradas dobres para o concerto de Ash Grunwald o domingo 12 de marzo na Sala Rouge.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

(GMT+01:00)