CAMELIAS MASCOTAS

Sorteamos dous libros de dúas escritoras noveis

Na revista de marzo dedicamos unha reportaxe á autoedición de libros e as escritoras noveis co título “Escritoras noveis. Habelas, hainas”. Dúas das protagonistas son Yésica Prol Cid e Ana Ghersi Fenor e quixeron agasallar aos seguidores de A Movida con cadanseu libro.

Yésica Prol Cid é a autora de El guardabosques e Ana Ghersi Fenor de Los cincuenta cardenales de Gambetta. Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.

O prazo para participar é ata o martes 26 de marzo ás 12 da noite. O mércores 27 de marzo coñeceremos os dous nomes das persoas premiadas.

SOBRE OS LIBROS

El guardabosques é a ópera prima de Yésica Prol Cid que ten moito de novela negra propia da Europa actual, o que en alemán se coñece como krim. Ambientada en puntos indeterminados de Escandinavia e da Península Ibérica, conta a historia da nova gardamontes que ten a vila. Esta misteriosa protagonista vénse refuxiar do seu pasado procurando ocultar a súa identidade. No entanto, como perseguida polo seu destino, a presenza dunda bala incrustada nunha árbore, pegadas na neve e unhas ramas estrañamente partidas, van facer rexurdir o seu talento adurmiñado. Quen será?

Los cincuenta cardenales de Gambetta é a novela de Ana Ghersi Fenor. A historia parte dun comezo de corte realista e mesmo intimista. A vida dunha muller moderna que se enfronta ás adversidades da súa circustancia: dúas fillas e a mudanza a un país estranxeiro. Alí terá lugar a primeira sorpresa argumental que empurrará á protagonista por un relato salpicado de ironía, maxia, un amor idealizado… Unha obra que, segundo a propia autora, “require unha lectura moi atenta”, próxima ás novelas de cabalerías, pero cunha protagonista que arreda dese xénero para nos permitir gozar dun enfoque fresco e orixinal.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
  • Darlle gústame no Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo á publicación do sorteo.
    • Ligazón á publicación en Facebook
    • Ligazón á publicación en Instagram
    • Ligazón á publicación en Twitter
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o martes 26 de marzo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Instagram ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora serán elixido mediante sorteo aleatorio. Sairán dous gañadores. O primeiro levará El guardabosques e o segundo Los cincuenta cardenales de Gambetta. Poñerémonos en contacto con eles mediante o seu perfil da rede social na que participe; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA NOVEMBRO

O premio:
Sortéase un exemplar de El guardabosques de Yésica Prol Cid e un exemplar de Los cincuenta cardenales de Gambetta de Ana Ghersi Fenor.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo alguno a promoción, nin está asociado a ela.