REVISTA ABRIL

Sorteamos dous pases dobres para ver a Dan Baird na Sala Rouge

Non queremos que quedes na casa nesta ponte festiva. Despois da noite de Samaín non pode baixar o ritmo e para elo sorteamos dous pases sobres para ver a Dan Baird and Homemade Sin na Sala Rouge o venres, 1 de novembro, ás 22.00.

Para participar no sorteo só tes que ser seguidor de A Movida en Facebook, Instagram ou Twitter e darlle gústame na publicación sobre este sorteo.

Ademais, os subscritores da revista entran automaticamente a participar neste sorteo só polo feito de ser #AMOVIDALOVERS. Se aínda non o es podes informarte todas as vantaxes e subscribirte neste link.

O prazo para participar é ata o mércores 30 de outubro ás 12 da noite. O xoves 31 coñeceremos os nomes da persoas premiadas.

SOBRE DAN BAIRD AND HOMEMADE SIN

Estaremos de novo fronte a fronte con toda unha lenda do rock americano, un dos últimos verdadeiros profetas do Rock&Roll ao que moitos veneran e seguen fielmente. Regresa a Galicia tras superar a súa loita contra o cancro, así que esta visita será moi especial para todo aquel que siga os seus pasos desde os Georgia Satellites pasando por por The Yayhoos ata hoxe en día.

Dan Baird regresa acompañado como sempre por Warner E. Hodges e Mauro Magellan ademais de Sexan Savacool (Eastern Block) que se encargará de baixo. Veñen presentar as cancións do seu último álbum Screamer, un disco cheo de cancións optimistas sazonadas cunha boa dose de rock&roll bailable e enérxico.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

  • Ser seguidor en Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo
    • Enlace da publicación en Facebook.
    • Enlace da publicación en Twitter.
    • Enlace da publicación en Instagram.
  • Darlle gústame no Facebook, Instagram ou Twitter de @amovidavigo á publicación do sorteo.
  • Comentar con quen irás no caso de ser afortunado/a.
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o mércores 29 de outubro ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook, Instagram ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
Os gañadores das entradas serán elixidos mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con eles mediante o medio co que participe; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

REVISTA ABRIL

O premio:
Sortéanse dúas entradas dobres para ver a Dan Baird and Homemade Sin na Sala Rouge o venres 1 de novembro.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

* Facebook, Instagram ou Twitter non patrocinan, avalan nin administran de modo algún a promoción, nin están asociados a ela.