REVISTA ABRIL

Sorteamos dous pases para o festival The Wild

Esta fin de semana (5 e 6 de setembro) celébrase a segunda edición do festival The Wild no Parque Forestal de San Miguel de Oia, un evento que combina música, cinema, actividades para os pequenos, ecoloxía e natureza. Este ano reduce aforo e incrementa as medidas de seguridade e hixiene na procura dun evento anti-coronavirus. Confiamos na cultura e o ocio de xeito seguro e por iso sorteamos dúas entradas entre os nosos seguidores.

SOBRE O EVENTO

O festival The Wild Fest celebra a súa segunda edición no Parque Forestal de San Miguel de Oia e repite a fórmula de mesturar música, deporte, proxeccións e mercadiño nun espazo natural de 10.000 metros cadrados.

O cartel musical está encabezado por Arizona Baby, Terbutalina, Escuchando Elefantes e The Broke. Máis, nesta edición os cativos tamén poderán gozar de actividades como Orientaventura, obradoiros de coiro e cestería ou as actuacións do Payaso Popín, Cé Orquestra Pantasma e Magia en la Manga. A isto temos que sumarlle a exposición Arte no queimado, unha andaina solidaria polos montes de San Miguel de Oia ou proxección de filmes relacionados coa natureza.

Neste ano tan atípico, marcado pola crise sanitaria provocada polo coronavirus, intensificaranse as medidas de seguridade e hixiene co fin de gozar do certame nun espazo seguro para todos os participantes, profesionais e familias. Así, redúcese o aforo en máis dun 90%, haberá zonas de desinfección con xel hidroalcohólico e medirase a temperatura no acceso ao festival. Doutra banda, o uso de máscaras para moverse polo recinto será obrigatoria a partir dos seis anos, haberá persoal cualificado comprobando que se cumpren as medidas, un sentido de circulación único e as actividades terán lugar en zonas diversificadas e separadas para manter a distancia de seguridade.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no sorteo é preciso:

REVISTA ABRIL

Gañador/a:
O gañador/a será elixido mediante sorteo aleatorio. Anunciaremos o gañador o xoves 3 de setembro e poñerémonos en contacto con el/ela a través de mensaxe directa na rede social pola que participou; se nun prazo dunhas horas non contestara, procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Un pase para dúas persoas para o festival The Wild para o sábado, xa que o domingo a asistencia é de balde.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.