Sex Museum, El Drogas e Viva Suecia, novas confirmacións do Festival Terraceo para setembro
Desde que naceu en xullo, o Festival Terraceo non deixa de crecer. Xa son varias ducias de artistas, entre músicos e cómicos os que se apuntaron a actuar no pequeno escenario da terraza do auditorio Mar de Vigo, acompañando as súas actuacións das fantasticas vistas sobre a ría que ofrece o emprazamento. Sex Museum, El Drogas e Viva Suecia son as últimas confirmacións, que poñerán as notas máis rockeiras ata a data.
Transcorridas 5 semanas e 21 noites de Festival TerraCeo fronte ás Cíes, e tras a boa acollida do público, tanto en afluencia como en cumprimento do protocolo especial de seguridade, o Auditorio Mar de Vigo decidiu ampliar a programación ao mes de setembro: o 4 de setembro Sex Museum; o 5 de setembro, El Drogas; a noite do 12 de setembro, Viva Suecia.
O veterano grupo de rock madrileño Sex Museum chega á cidade na súa xira de presentación do seu último single cunha proposta que será especialmente interesante en Vigo, xa que o seu novo repertorio inclúe a versión de ‘Bailaré sobre tu tumba’ coa que homenaxean o 40 aniversario de Siniestro Total.
O ex líder, vocalista e baixista de Barricada, El Drogas, propón, como sempre, rock auténtico, pero engade unha luminosidade acústica nova, hardcore, música negra, industrial… Como sempre construída a partir de versos infestados de compromiso, literatura e actualidade.
Viva Suecia creou algúns dos grandes éxitos musicais de España nos últimos anos, como ‘A dónde ir’, ‘Bien por ti’, ‘Lo que te mereces’, ‘Hemos ganado tiempo’ o ‘Algunos tenemos fe’. A crise sanitaria interrompeu a xira de presentación do seu último traballo: ‘El Milagro’. E tras o confinamento idearon un novo espectáculo, máis íntimo, pero cos cinco membros da banda sobre o escenario. Decidiron facer das condicións actuais dos concertos unha oportunidade: a de interpretar as súas mellores cancións cunha nova mirada que aproveita a proximidade co público que ofrece a limitación de aforo. Comparecen no Mar de Vigo o 12 de setembro.
As entradas para estes concertos estarán dispoñibles desde hoxe (11 de agosto), a partir das 14:00 na web de Ataquilla. Así queda a programación:
- Venres 14 de agosto: Kiko Veneno
- Sábado 15: Carlos Sadness
- Domingo 16: Carlos Sadness
- Sábado 22: Marlango
- Xoves 27: Recycled J e Kimberly
- Venres 28: Miss Cafeína
- Sábado 29: Rodrigo Cuevas
- Venres 4 de setembro: Sex Museum
- Sábado 5: El Drogas
- Sábado 12: Viva Seucia