REVISTA MARZO

Amaral, Santi Balmes e Carlos Sadness entre as novas confirmacións do festival TerraCeo

Trece artistas entre grupos musicais e humoristas se pasarán este agosto pola terraza do Mar de Vigo. Amaral, que estaba previsto que actuara en Castrelos o 25 de xullo, tamén participará no Festival TerraCeo o 19 de xullo.

A proposta de ocio do Concello de concertos de aforo reducido na terraza do Auditorio Mar de Vigo continúa a crecer. Hoxe coñecimos, que Amaral actuará neste escenario o día 19 de xullo e a programación completa do mes de agosto, tanto musical como humorística que quedaría así: Os compoñentes de Love of Lesbian Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer (sábado 1), Don Patricio (domingo 2), JJ Vaquero (mércores 5), Alejo Stivel e Amaro Ferreiro (venres 7), Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal (sábado 8), Moncho Borrajo (domingo 9), David Suárez (xoves 13), Kiko Veneno (venres 14), Carlos Sadness (sábado 15), Marlango (sábado 22), Recycled J e Kimberly (xoves 27), Miss Cafeína (venres 28) e Rodrigo Cuevas (sábado 29).

O festival Terraceo está a ter moi boa acollida entre o público vigués. O 70% das entradas das actuacións do mes de xullo, que saíron á venda a semana pasada, xa se venderon e as do concerto de Coque Malla do 30 de xullo esgotáronse en poucas horas. Nos próximos días sairán á venda a través de ataquilla os abonos para todas as actuacións de agosto e coñeceremos a programación do mes de setembro.

O Festival TerraCeo é unha aposta por gozar ao aire libre da paisaxe e a contorna da Ría de Vigo en noites construídas ao redor de concertos e monólogos. Máis aló das actuacións centrais, a Terraza do Mar de Vigo, de 2.000 metros cadrados e cunhas impresionantes vistas das Cíes, será un espazo de encontro. A entrada farase con tempo suficiente para evitar aglomeracións e haberá barra e música desde a apertura de portas. Terminadas as actuacións centrais, o público terá ata as 23.30 horas para abandonar o Auditorio e continuar gozando das opcións de lecer da noite do verán de Vigo. Entre as medidas de prevención sanitaria postas en marcha, estará o uso de máscaras no recinto do Auditorio salvo cando se estea sentado e as cadeiras organizaranse en grupos de ata 4 persoas, mantendo a distancia de seguridade entre os grupos.

Banner A Movidiña

O calendario completo de concertos polo momento está así:

Xullo:

  • Venres 3 e sábado 4: Los Secretos
  • Venres 10 e sábado 11: Andrés Suárez
  • Domingo12: Luis Zahera
  • Xoves 16: Rober Bodegas
  • Venres 17: Pablo López
  • Domingo 19: Amaral
  • Venres 24: Ariel Rot e Federico Lechner
  • Sábado 25: Noites de retranca
  • Xoves 30: Coque Malla
  • Venres 31: Álex Ubago 

Agosto:

  • Sábado 1: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
  • Domingo 2: Don Patricio
  • Mércores 5: JJ Vaquero
  • Venres 7: Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
  • Sábado 8: Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal
  • Domingo 9: Moncho Borrajo
  • Xoves 13: David Suárez
  • Venres 14: Kiko Veneno
  • Sábado 15: Carlos Sadness
  • Sábado 22: Marlango
  • Xoves 27: Recycled J e Kimberly
  • Venres 28: Miss Cafeína
  • Sábado 29: Rodrigo Cuevas